Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SOCIEDADE DA INFORMACIÓN

O BNG pedirá que o 100% dos galegos poidan acceder á banda larga

O grupo parlamentario nacionalista considera que o 20% dos habitantes queda fóra e os servizos que se ofertan no rural son de menor calidade e máis caros.

M. del Río - 16:40 05/03/2008

Os datos que achega o Ministerio de Industria sobre a extensión da banda larga no rural non se axustan á realidade. Así o constataron o voceiro de Innovación e Industria do BNG no Parlamento, Fernando Blanco Parga, e mais o voceiro do grupo parlamentario nacionalista, Carlos Aymerich.

Aínda que os datos achegados polo goberno español amosan que hai un mes só faltaban 1.764 núcleos por cubrir dos 27.000 previstos, o certo é que aínda hai unha porcentaxe alta de habitantes do rural que carecen de conexión á internet de banda larga, o que, a xuízo do BNG, impide que se supere a fenda dixital entre rural e urbano e entre Galiza e o Estado.

Blanco Parga asegurou que aínda hai 220.000 galegos que carecen dun servizo cada vez máis necesario, pois a empresa encargada de estender a banda larga en Galiza, Telefónica, considera cuberto un núcleo se o 80% dos seus habitantes teñen acceso, o que deixa fóra o outro 20%. Ademais, ofértanse velocidades moi inferiores ás das cidades, de 512 kilobits por segundo ou mesmo da metade no caso das conexións por Wimax ou por satélite. Por se fose pouco, os prezos son máis elevados no rural, de até 100 euros ao mes no caso da internet vía satélite.

O parlamentario do BNG achegou datos do INE que confirman o atraso de Galiza en telecomunicacións, como a baixa porcentaxe de computadores nos fogares, cun 51%, e o escaso acceso á banda larga, do 25%, só por riba de Extremadura. Ademais, no noso país, o 40% das persoas que non teñen conexión á internet alegan a falta de dispoñibilidade como motivo principal, fronte ao 19% da media estatal. Isto perpetúa a fenda dixital, segundo Blanco Parga, e non só nos núcleos rurais, senón tamén nos periurbanos e en moitos polígonos industriais.

Para resolver a situación, da que Carlos Aymerich afirmou que "desbarata" a estratexia do Goberno de acadar o equilibrio territorial, o BNG presentará unha proposición no Parlamento e mocións nos concellos esixindo que o Ministerio de Industria achegue a cobertura de banda larga ao 100% do país, cunha velocidade mínima dun megabit por segundo e cun prezo semellante ao que os proveedores cobran nas áreas urbanas.


5/5 (1 votos)

Comentarios (5)

roper #1 5/Marzo/2008 roper

algo hai que facer, e que sexa o 100%, non menos. eu sigo aquí co meu TRAC a 48kbps, sen poder acceder a moitos dos servizos que hai dispoñibles na rede. Telefónica non quere poñer os 4 postes que fan falta para que chegue o cobre á miña casa, nin sequera se lles digo que pago eu os postes.

ecoe #2 6/Marzo/2008 ecoe

Pois que vaian pedindo, PREVIAMENTE, un salario básico persoal antes, ou sen un can se pode ter internet?

Vaia datas estas! Para millor quedar calados!

BovedaGZ #3 7/Marzo/2008 BovedaGZ

É unha auténtica vergoña o que está a acontecer co tema da banda larga. A miña casa ata o de agora non tiña cobertura ADSL, a solución era o prehistórico módem de 56Kbps.

Agora resulta que por fin temos ADSL Rural, pero non un ADSL Rural "normal", senón ADSL Rural por Satélite. O caso é que as velocidades deste servizo son penosas: 256Kbps de baixada e 128 de subida. Lembrade que agora se están a ofertar por todas as televisións 20Mb (80 veces máis rápido). Pero o peor non é iso, o peor é que custa 45 euros ao mes. Pero aínda hai algo peor, que a instalación custa 150 euros. E o mellor aínda está por vir. Pode existir algo peor? Si. Cando nos deamos de baixa do servizo, sexa dentro dun ano, dous, cinco ou dez, teremos que pagar 986 eurazos. Si, si, 986. Non é ningunha coña, inda que o pareza. Que vos parece? E despois aínda preguntan o porqué a xente non contrata o ADSL Rural. Xa sabedes a razón.

ecoe #4 7/Marzo/2008 ecoe

Pagaredes imposto de pernada, ben coñecido, como nos vai pasar aquí tamén ca tarifa nocturna do Goberno aliado (subordinado) da Unión Penosa.

Gaviotero #5 8/Marzo/2008 Gaviotero

Están en el gobierno...¿por qué en vez de "pedirlo" no se ponen a ello para lograrlo? R es una empresa gallega y son ellos mismos los que continuamente están impidiendo su acceso a multitud de ubicaciones.

Y no hace falta irse muy lejos ni al rural...el mismo centro de Pontevedra o Vigo no pueden acceder a la banda ancha con R porque no se permiten las obras para llevar el cable hasta allí.

En fin...el BNG. Gobierno por las mañanas y oposición por las tardes. Menudo desastre...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: