Vieiros

As linguas suman
Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
CENSURA NA REDE

Un axente de viaxes queda sen web polo bloqueo dos EUA a Cuba

O afectado, un británico que vive nas illas Canarias, viu como os seus dominios foran incluídos nunha lista negra.

Redacción - 10:31 08/03/2008
Unha das webs que tivo que cambiar de dominio

Unha das webs que tivo que cambiar de dominio

O axente de viaxes británico Steve Marshall, afincado nas Canarias, descubriu como, un día, de repente, a maioría das súas páxinas web, especializadas en organizar vacacións de cidadáns europeos na illa caribeña, deixaron de funcionar. Páxinas que tiña operativas dende 1998, como cuba-hemingway.com, ciaocuba.com, bonjourcuba.com ou cuba-havanacity.com desapareceron por orde do goberno dos Estados Unidos.

Despois de pensar que se trataba dun fallo, púxose en contacto coa empresa coa que rexistrara os dominios, que lle contestou que o Departamento de Tesouraría os incluíra na súa lista negra, polo que houbo que desactivalos. Marshall está indignado polo feito de que non se lle notificasen os feitos, e máis tendo en conta a súa nacionalidade e o seu lugar de residencia. Xa rexistrou os mesmos dominios baixo o sufixo .net cunha firma europea para evitar que se volvan repetir os feitos. Entre tanto, os servidores estaban nas Bahamas.

O axente tamén se estrañou polo feito de que se poidan censurar webs sen sequera a intervención dun xuíz, segundo a lei estadounidense. Segundo un voceiro do departamento estadounidense, a compañía de Marshall axudou estadounidenses a evadiren as restricións para viaxar a Cuba e foi un "xerador de recursos que o réxime Cubano usa para oprimir o seu pobo".

Segundo informa o New York Times, hai un dominio de Steve Marshall que o Departamento de Tesousaría non pechou: cuba-guantanamo.com.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: