Dous mozos están á espera de xuízo por despregar en 2006 unha pancarta de "Freedom for Kurdistan" nun partido entre o Celta e o Fenerbahçe turco.
O 31 de novembro de 2006 dous membros da Asociación de Solidariedade con Kurdistán foron sancionados durante o partido de fútbol que disputaban o Celta e o Fenerbahçe turco en Balaídos.
Durante o partido despregaron unha pancarta na que se podía ler "Freedom for Kurdistan", e, aos quince minutos, a policía, avisada por membros das forzas de seguridade turcas que estaban no estadio (unha práctica ao parecer habitual do goberno deste país, que inclúe axentes nos desprazamentos dos seus equipos de fútbol para tentar evitar as alusións á cuestión armenia ou á curda), decidiu desprender a tea e sancionar a estas dúas persoas que estaban na mesma grada, pero lonxe da pancarta.
"Foron por eles porque levaban camisolas da asociación"
Segundo lle contou a Vieiros Diego Mouriño, membro desta asociación, os policías foron botar os seus compañeiros do campo sen que sequera lles dese tempo a se colocaren por detrás da pancarta.
"Foi porque levaban as camisolas da asociación... unha asociación que é legal dende hai case vinte anos. Ao verlles as siglas entenderon que tiñan que ver coa colocación da pancarta", salientou Mouriño, ao tempo que lembraba que, a pesares de non opoñer resistencia, os seus compañeiros foron botados fóra do campo e multados con 4 mil euros cada un.
Agora acúsanos de "conduta violenta", amparándose na lexislación vixente sobre a violencia en espectáculos deportivos, mais Mouriño salientou que pancartas coma esta son habituais nos estadios do Estado Español ("é bastante normal ver nos campos cataláns, por exemplo, pancartas coa lenda 'Freedom for Catalonia'"), e que naquela altura non houbera altercado ningún.
A xuízo "por reclamar xustiza e liberdade para un pobo non recoñecido polo Estado turco"
Durante máis dun ano a Asociación de Solidariedade con Kurdistán recorreu estas multas, mais todas as alegacións que foron entregadas na subdelegación do goberno español era contestadas "coma se non as lesen sequera", dixo Diego Mouriño, "limitáronse a negar os nosos recursos". Agora chegoulles a notificación de que van ir a xuízo, manténdose as acusacións tal e como foron realizadas pola policía e recollidas pola subdelegación do goberno español en Pontevedra.
Preguntándolle polas razóns que ven dende a asociación para que se siga adiante co procedemento de sanción, Diego Mouriño di que ten claro que as accións teñen un carácter político: "os seareiros turcos puxéronse nerviosos, chamaron á súa policía e esta á local e á policía española que había no campo. O partido estaba a se retransmitir tamén en Turquía, e no momento no que se enfocou a pancarta, as televisións turcas suspenderon a emisión, por uns dez minutos... Os turcos negan a existencia do pobo curdo".
Subrrealista total.
Os turcos son para darlle de comer a parte, como son os aliados dos americanos na zona, fan o que lles peta. Vamos a comparar un pais histórico como Kurdistan con un invento como Kosovo.
Mas o problema está em que os acusam de incitar à violência. Isso sim que é surrealista.
Por não falar de todos os símbolos fascistas que se podem ver de contínuo em muitos campos espanhóis, esses não incitam a violência porque "son de los nuestros" nem mais nem menos.
Os agresores (genocidas?) sentem-se ofendidos porque alguem pide a liberdade para os oprimidos!!!
esta é a democracia em que vivemos.
Não, não é surrealista: é patentemente totalitário.
E os que são para dar de comer à parte são os galegos e os españóles: os polícias galegos que impuseram esta multa, e as autoridades españolas que rejeitaram todos os recursos da A.S.K.
E se vem a polícia EUA a dizer que retirem dum estádio a faixa "EUA FORA DO IRAQUE"? E a polícia española que pintaria num estádio francês onde uns pusessem a faixa "MONARQUIA ESPAÑOLA NÃO"?
Se não se permitem expressões políticas nos estádios (além, claro, dos uniformes dos siareiros ultras), que se retire a faixa, e pronto.
Un policia turco -estado democrático onde os haxa- protesta polo libre exercizo á liberdade de expresión noutro estado e fáiselle caso!!! Incrible!
Algo haberá que facer porque a agresión que están a sofrir os membros da asociación non pode ser lamentada sen mais, É isto un estado de dereito?
As bandeiras fascistas e nazis nos campos de fútbol españois non teñen problema ningún en aparecer por onde quixer.
A verdade e que dende fora todo parece surrealista.Non sei como acabará pero polo que se le non se da crédito.
Ten razón Rajoy.
Que cara estase a poñer a vida. Como soben os prezos.
Ese feito chamoume moito a atención no seu momento. ¿Que xustificación pode haber para quitar unha pancarta que non fai máis que facer uso do lexítimo dereito á liberdade de expresión? Resulta indignante o descaro do estado turco atrevéndose a esixir nun país estranxeiro que non se permita á xente manifestarse con respeito ao problema kurdo, que é o problema dun pobo, dun país, dividido entre varios estados que o están a colonizar. ¿Por que en vez diso non se explican turcos, iraquís, iranianos, sirios... e nos din como xustifican eles o non deixar que os kurdos teñan o seu propio estado se eles queren?
E agora resulta verdadeiramente pintoresco e sorprendente que non só se houbese retirado a pancarta (uso pacífico da liberdade de expresión), ademais botado fóra a eses espectadores que levaban a pancarta e, aínda por riba, nada menos que unha multa. ¿Non sería máis pertinente que a multa fose para os que impediron o lexítimo exercicio dun dereito recoñecido na constitución?
O máis abraiante non é a actitude dos turcos,e a dos españois que lles fan o caldo gordo.Aínda que no fondo,non é tan sorprendente.
Estou imaxinando aos policías turcos antes do partido,a falar cos españois:"En Turquía temos un problema de terrorismo,separatismo,
igual que vostedes en España,etc".Evidentemente os policías e xuíces españois identifícanse máis cos turcos que cos curdos.
E logo cando lle chaamemos xenocidas e asasinos a U$$ra€l e ós qsue os sosteñen, entre eles ó grande "PaZifista" ZP: qué solpresa nos agardan os xuízes?
O realmente grave é que se supoña nun xulgado que os dereitos pasivos de alguén, quen fose, se sinten afectados polo de expresión efectivamente realizado mediante calquera medio e circunstancia (mediática).
De seguir así, estaremos perto de ter maiores libertades individuais entre 1976 ó 1982, que agora mesmiño?
pero logo aparecen bandeiras sudistas como onte no Real Madrid-Roma na bancada do U.S. e non pasa nada, e aparecen bandeiras e simboloxia para-fascista e nazi e tampouco pasa nada, pero iso si, vai unha equipa galega ao Santiago Bernabeu e retíranlle tódalas bandeiras da pátria aos siareiros galegos...en fin, éste é o mundo ao revés.
Quando se fala de "déficit" democrático no estado espanhol, está-se a dar umha imagem do mesmo muito edulcorada. Olho porque se o "déficit" chega a ser muito grande corremos o risco de de cairmos na falência!
vaia, terei que poñer a bon recaudo o meu banderín ca cobra e a machada e sacarlle o neno a camiseta do ché, non vai ser que entre os de madrí e os de miami alguén se ofenda...
o peor de todo esto é a imaxe da xustiza e do dereito que se queda na retina do espectador. pero ambos termos, coma outros máis coma cidadanía, ideoloxía, cultura e solidaridade non poden caer en saco roto e pasar desapercibidos únicamente por que os lacaios e servidores do capitalismos os estén amasando coma plastilina para o séu propio interés.
existe un dereito que podemos defender, unha xustiza que emana directamente de nos. e a eles temso que tender. pero para eso temso que rexeitar e esnaquizar o capitalismo.
non hai outra; o resto é soio comentario de texto.
Eu quero insistir en que casos como o de non permitir esa pancarta en favor do pobo kurdo, ocupado por varios estados sen daren ningunha xustificación para iso, e incluso esa incrible multa, non é tan normal no estado español. ¿Por que o digo? Pois porque estamos cansos de ver bandeiras galegas, vascas ou catalanas en partidos nos que xogan equipos desas nacionalidades fóra da casa (en Madrid ou en calquera outro sitio), mais non só iso porque no campo do Barça estamos acostumados a ver iso de "Catalunya is not Spain" e esa pancarta NON se retira.
Por tanto, habería que pedir explicacións de por que carallo non se pode dicir "Freedom for Kurdistan" e por se fose pouco, hai que pagar unha multa, e non tomalo como unha cousa normal. ¿Acaso Vigo ou Galiza ten unha lei diferente, ou o que é ilegal é precisamente retirar a pancarta?
Dempois Turquia quere entrar na UE... vaia pezas! vaia xenocidas! Antes Armenia que eles na UE!!!!
Que eu saiba o povo Kurdo é negado por todos. Ou foi reconhecido por algum estado actual?
Acho que pelo Reino de Espanha, não. Se calhar daí o lameiro este...
En Barçelona non as quitan porque igual lles caen enriba tódalas xentes a unha, e non se atreven. (As diferencias teñen a ver con eso).
Aquí incluso se meten con quenes levan faixas ou socializan loitas ou problemas de tipo político (mesmo de xeito chulesco, como case sempre adoitan os mesmos guardiáns). Xa se sabe.
Eu penso que isto dava para umha campanha em todos os estádios da Europa, ou polo menos aló onde houver torzidas mais ou menos "progressistas"