A protesta está organizada por varios colectivos coma Verdegaia, Amarante, Altermundo, Caleidoskopio e GAS.
Esta quinta feira ás 18:00 horas, diante da sede do PSdeG en Vigo vaise desenvolver a primeira Xornada Internacional dedicada ás vítimas do paramilitarismo e contra os crimes de Estado de Colombia.
Organizada por Verdegaia, Amarante, Altermundo, Caleidoskopio e GAS (colectivos moitos deles da cidade de Vigo, mais tamén de toda Galiza), a xornada quere funcionar como acto de censura á política exterior do goberno español, que é, segundo os organizadores, "permisivo coas violacións dos Dereitos Humanos do goberno colombiano".
No, a quien no vamos a apoyar es al Estado Terrorista de Venezuela que apoya a un grupo terrorista de malnacidos como son las FARC.
¡¡¡VIVA COLOMBIA LIBRE Y DEMOCRÁTICA!!! ¡¡¡VIVA URIBE!!!
eso: Uribe= democracia
Non é necesario esforzo algún. Ben se ve o que defende o paxaro (igual que o outro): desaparicións políticas de personas, asasinatos en masa de sindicalistas, traslados forzosos nas poblacións, asasinatos de campesiños, narcotráfico, servicio ´de súbdito ó Imperialismo...
A que nesto os xuízes do $tado €$pañol non están polo labor de os ilegalizar: nazis, democraNazis, etc.. Mesmo.
o trato dispensado por zapatero a álvaro uribe vélez na súa visita " a la madre patria" e o silencio vergoñento que este indigno goberno madrileño soporta sobre a agresión a ecuador nos derradeiros días e que contrasta con outros brindis e utilizacións de cidadáns da nación sudaméricana, supón outra excelente razón para non entregarlle o voto a este político leonés.
ó mesmo tempo o feito de que esforzados loitadores pola liberdade e a xustiza internacional, que conforman ese escasamente compacto e desmovilizado bloque nacionalista galego, gobernen e trafiquen os seus intereses interclasistas e personais con líderes do partido socialista, leva engadido que tamén sexa unha boa solución negárllelo apoio ante os moitos silencios cómplices nos que están incurrindo, imbuídos como están polas súas obrigas contractuais de próceres de esta tamén sua " patria ".
así que espero con deileite e fruición a este fin de semana, a ver si toda esta banal cimentación se vai ó carallo e algún día poñemos, na mesma finca, os alicerces dunha casa un pouco máis fermosa.