Para non infrinxir a lei, o xornal catalán levou este xoves unha sondaxe á súa edición en Andorra. De paso editorializa contra a norma que regula a publicación.
"A prohibición aos medios de comunicación de publicar e difundir sondaxes electorais durante os cinco días anteriores ao da votación, establecida no artigo 69.7 da lei electoral de 1985, supón unha clara limitación da liberdade de expresión, impropia dunha democracia consolidada como a nosa. El Periódico de Catalunya cumprirá esta norma, malia non estar de acordo con ela. Pero é unha norma obsoleta, tanto, que os nosos lectores poden acceder por internet ás sondaxes que se publiquen no estranxeiro, como os que xa anunciou El Periòdic d'Andorra. (...) Nese contexto, a actitude paternalista de quen ideou esta prohibición aparece hoxe como algo desfasado. Non hai ningunha base técnica para soster que a publicación dunha enquisa modifica a actitude dos electores nunha ou outra dirección"
Así o expón o xornal no editorial titulado O erro de prohibir as sondaxes electorais.
Ao tempo, enlaza coa información publicada en El Periòdic d'Andorra, onde se fai pública unha enquisa que indica un empate técnico entre PSOE e PP, malia que os apoios se trasladarían a un abano de escanos similar para estas dúas formacións políticas. A sondaxe apunta tamén caídas posíbeis para as formacións catalás, tanto para CiU como para ERC. Tamén se prognostica que PNV e IU poderían perder representación. No que lle toca ao resto de grupos, prognostican un aumento de representación, malia non detallar polo miúdo como se repartirían. Ademais, o estudo agoira que a abstención aumentaría significativamente.
O mellor para Galiza seria co Psoe precisara os apoios do BNG...
daquela coido que o conto trocaria dabondo.
Fale, pos ke ven prá nazom. pfff
Falando en serio, non vexo paternalista nun país coma este de pandeiradas e feiras prohibir onde debería haber cautela, autocensura e independencia dos medios espontánea. Hai que ser conscientes de que somos vítimas propiciatorias da propaganda, sensacionalismo e demagoxia oportunista. No País afirmaban que 23 dos 38 millóns de españois non len libros en absoluto... e recoñéceno! Nun estado coma este, a regulación e as normas non son case nunca paternalismo, senón necesidade. Proba diso é que é raro que non che pidan o voto antes, moito antes da campaña, na propia campaña e xusto no día de reflexión. Pero peor é oír maniqueísmos varios referentes a partidos e, máis penoso inda, a políticos.
As enquisas que ofrecen poden resultar atractivas por estar na "clandestinidade andorrana", pero son tan insignificantes coma as anteriores, porque todas son produto dunha bonita película baseada en feitos reais. A mostra non é representativa e os estimadores con demasiada marxe. O resultado é o de sempre: vota que hai pouca diferenza co dem... perdón, co outro partido!
Como me gusta isto; ós medios poden facer o que queiran. Si algo lles semella anacrónico fan EXACTAMENTE o mesmo que os insubmisos no seu momento e se trata de "discutir"; agardo o mesmo apoio á insubmisión fiscal ou ás insubmisions fronte a asignaturas (incluida as de lingua) que se poden derivar da sentenza do TSJA.
E non botaron mán da Lei de Medidas de Impulso da Sociedade da (Des)Información para proibir o acceso desde España a ese web? >;-P
AVISO A TODOS OS PRESIDENTES DE MESA ELECTORAL:
Os do PP, cando hai votacións mandan aos q fan 18 anos nese ano ao Concello para pedir certificados de maioria de idade.
Polo q moitos levan ese certificado pero AINDA NON TEÑEN OS 18 ANOS O DIA DA VOTACIÓN.
O PP tranpulleiro, coma sempre, intentando saltarse as normas.
Fai q rule!