No territorio galego as denuncias refírense especialmente aos incendios, a contaminación nas costas e o cultivo de transxénicos
Fotodenuncias
O obxectivo é configurar, coa colaboración dos usuarios, un mapa con zonas medioambientalmente afectadas. É unha nova ferramenta de Greenpeace. Os usuarios poden denunciar as agresións ambientais que se produzan na súa contorna, "colgando" fotografías a modo de denuncia nun novo espazo en Internet que desenvolveu Greenpeace. Segundo informou esta ONG ecoloxista, trátase do proxecto "Fotodenuncia".
Na web, os usuarios poderán colgar fotografías que fagan cunha cámara ou cun teléfono móbil e que amosen situacións como a contaminación de mares e ríos, construcións en espazos protexidos, incendios provocados ou vertedoiros.
Deste xeito, calquera persoa poderá colgar unha fotografía dunha agresión ambiental ocorrida en calquera parte do territorio, situala xeograficamente e achegar información sobre o suceso.
Este espazo permitiralles tamén aos visitantes consultar situacións de deterioro ambiental próximas á localidade de cada un dos usuarios.