Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONVENIO DE INDUSTRIA E CESGA

Un centro de referencia coordinará o impulso ao software libre no país

O Goberno aprobou este xoves un investimento de 675.000 euros a prol das ferramentas e estándares abertos.

Redacción - 13:40 06/03/2008

O Consello da Xunta deulle adiante este xoves a un convenio de colaboración entre a Consellaría de Innovación e Industria e o Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga), polo que este último recibirá 675.000 euros para a promoción do software libre no país. A acción inclúe o desenvolvemento dun centro de referencia do software libre para colaborar na xestión das iniciativas que se leven a cabo neste senso, dentro dunha acción estratéxica para dinamizar os recursos e servizos da sociedade da información.

A Consellaría impulsará o uso das ferramentas libres de uso máis estendido e as actividades de promoción da tradución de software libre en galego para que se poida manter actualizado un conxunto de escritorio ofimático e multimedia na nosa lingua. Por outra banda, reforzarase o repositorio de software libre e documentación en galego, a Forxa, que forma parte do portal Mancomún.org. O convenio inclúe accións directas de dinamización en contornos empresariais e universitarios para a implantación de software e estándares abertos e accións formativas sobre os seus conceptos.


4/5 (4 votos)


Comentarios (3)

crunha #1 6/Marzo/2008 crunha

Haberá que ver se empezan por impulsar o software libre, por exemplo, no Sergas.

lunet #2 6/Marzo/2008 lunet

Esta será outra das novas sobre software libre que non chegará a bo porto. Claramente, as consellerias do bng apostan polo software libre, mentras as do PSdeG sacan a concurso a adquisición de tropecentos equipos con windows xp. Pareceme mentira que sexan do mesmo partido que os que impulsan o software libre en estremadura e andalucia...

Tino #3 7/Marzo/2008 Tino

AVISO A TODOS OS PRESIDENTES DE MESA ELECTORAL:
Os do PP, cando hai votacións mandan aos q fan 18 anos nese ano ao Concello para pedir certificados de maioria de idade.
Polo q moitos levan ese certificado pero AINDA NON TEÑEN OS 18 ANOS O DIA DA VOTACIÓN.

O PP tranpulleiro, coma sempre, intentando saltarse as normas.
Fai q rule!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: