Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Daquela non só non presentou ningunha alegación (como si que o fixo a Asemblea do Suído) senón que outorgoulle unha licenza para facer prospeccións mineiras

O Concello de Covelo otorgou no ano 2005 licenza para investigación mineira á canteira que agora critica

O máis grave é que obviou a existencia de elementos etnográficos e arqueolóxicos de alto valor como chozos, parideiras, sesteiros e mámoas, xa que soamente se referiu na licenza ao conxunto do chozo de Barcia co foxo do lobo (danado tralas obras doutra canteira que operaba ilegalmente dende 2003 co visto e prace do concello e que esta asociación denunciou até a súa paralización). Amais tamén obviou a existencia de hábitats e especies de flora e fauna de interese europeo, algunhas en perigo de extinción.

Asemblea do Suído - 20:33 06/03/2008
Tags:

A Asemblea do Suído (Federación Ecoloxista Galega) pídelle explicacións ao tenente alcalde polas súas declaracións xa que non entende por que no ano 2005 estaba a favor da canteira e agora non. A Asemblea do Suído pensa que o goberno de Covelo ten dúas caras segundo lle conveña, practicando así o oportunismo político.

O problema do goberno municipal é que nunca creu nas demandas de protección da Serra do Suído (tal como as vén facendo esta asociación dende hai moitos anos) e agora que a Serra do Suído vai ser por fin incluída na Rede Natura 2000, quérense apuntar o tanto a pesar de non ter apoiado en ningún momento o traballo desta asociación e de tódalas demais persoas que si apostaron pola súa protección.

É máis, dende o goberno municipal puxéronse atrancos a moitas das actividades desta asociación e ante as agresións ambientais no Suído (parques eólicos, canteiras, minicentrais...) responderon co silencio, cando non activamente como cómplices. Así o concello de Covelo é promotor dun parque eólico nunha zona que logo do traballo desta asociación está libre de aeroxeradores (botáronse abaixo 3 parques eólicos promovidos por Eurovento), no mesmo lugar onde se proxectan agora as canteiras.


Ligazóns

5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: