Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Freo ás concesións do anterior executivo

Improbábel éxito do espernexe empresarial pola supresión de privilexios eólicos

A Consellaría de Industria considera que os recursos de Endesa e de Enerfín non teñen validez.

Redacción / EP - 09:00 07/03/2008

A comezos de 2009 producirase a adxudicación dos novos parques eólicos. Un proceso que se iniciará a próxima semana, unha vez que o Diario Oficial de Galicia publique a orde onde se desenvolve o novo decreto para a convocatoria de concurso público. En xogo está a instalación a curto prazo de até 2.345 MW.

Diante dese proceso, a Consellaría de Industria recibiu cadanseu recurso por parte de Endesa e Enerfín, ademais de dous escritos de alegacións asinados por Gamesa e Montouto 2000. As empresas argumentan en contra de que caducasen os proxectos eólicos que lles concedera o anterior executivo, liderado polo PPdeG. Ao respecto, desde Industria prognostícanlles que non terán éxito, indicando que "formalmente non son válidos", porque se refiren a unha notificación, a que a consellería lles envío o pasado mes de xaneiro, cando, en cumprimento do novo decreto do sector, se lle avisou ás empresas que o seu plan eólico empresarial estaba "rematado en prazo". "Estes textos teñen un defecto de forma, porque están recorrendo unha notificación e non un recurso", expoñen desde o Goberno.

Desde a patronal eólica explican que o patexe destes empresarios é unha decisión individual no seu caso, indicando que o colectivo que os agrupa acordou "non xudicializar o asunto", pero dando liberdade aos asociados para que tomasen a decisión que considerasen máis oportuna.


5/5 (4 votos)


Comentarios (1)

Tino #1 7/Marzo/2008 Tino

AVISO A TODOS OS PRESIDENTES DE MESA ELECTORAL:
Os do PP, cando hai votacións mandan aos q fan 18 anos nese ano ao Concello para pedir certificados de maioria de idade.
Polo q moitos levan ese certificado pero AINDA NON TEÑEN OS 18 ANOS O DIA DA VOTACIÓN.

O PP tranpulleiro, coma sempre, intentando saltarse as normas.
Fai q rule!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: