O Consello de Seguridade da ONU non puido acordar unha condena ao non pórse de acordo sobre a inclusión das vítimas palestinas dos últimos días.
Un alumno da 'yeshiva'
Israel atópase en alerta máxima tras o atentado desta quinta feira á noite contra unha escola talmúdica de Xerusalén que causou oito mortos e nove feridos, tres destes graves.
Unha persoa armada cun fusil Kalashnikov logrou entrar no centro e disparou durante varios minutos en todas direccións contra decenas de estudantes antes de ser abatido por tres axentes israelís.
Segundo fontes das forzas de seguridade, o activista residía na parte oriental de Xerusalén, de maioría árabe. De momento, non está clara a autoría do atentando. A televisión Al Manar do grupo libanés Hesbulah atribuíullo a un grupo descoñecido até o de agora.
Este é o ataque máis mortífero en Xerusalén dende que en 2004 un 'home bomba' das Brigadas dos Mártires da Al Aqsa, o brazo armado de Al Fatah, matase a 11 persoas e ferise a máis de 40 nun autobús.
Sen acordo no Consello de Seguridade da ONU
O secretario xeral de Nacións Unidas, Ban Ki Moon, condenou "nos termos máis duros posíbeis" o atentado. O Consello de Seguridade reuniuse con carácter de urxencia tras o ataque mais foi incapaz de acordar unha condena, ante a petición dalgúns países de que se incluíse tamén no texto aos 60 civís palestinos mortos polas accións militares israelís en Gaza.
"Para nós, a perda de vidas humanas é a mesma", apuntou o embaixador adxunto de Libia, Ibrahim Dabbashi, que cualificou a Israel de "réxime terrorista".
O embaixador de Estados Unidos, Zalmay Khalilzad, negouse equiparar as vítimas do atentado de Xerusalén coas decenas de civís mortos nos ataques israelís en Gaza.
Fontes palestinas denunciaron que Israel xa comezou a tomar represalias polo atentado. Segundo informaron, o Exército israelí matou un granxeiro palestino no norte da Franxa de Gaza perto da fronteira. Israel négao.
un terrorista entra numa escola xudea e mata 8 estudantes, e o titular de vieiros e... "maxima alerta en israel logo dun tiroteo numa escola"
viva a informacion obxetiva e imparcial...
AVISO A TODOS OS PRESIDENTES DE MESA ELECTORAL:
Todos os anos os do PP mandan aos q fan anos no ano da votación (neste caso 2008) ao Concello para pedir certificados de maioria de idade.
Polo q moitos levan ese certificado pero AINDA NON TEÑEN OS 18 ANOS O DIA DA VOTACIÓN.
O PP tranpulleiro, coma sempre, intentando saltarse as normas.
Fai q rule!
Por moito certificado que leven non votan por unha cuestión moi sinxela: non están no censo, é dicir, na lista que manexan o presidente e vocais da mesa electoral. Hay cousas piores no PP ca iso.
Non ian quedar sin afectar as brutalidades sin nome do seu €$tado sobre as persoas palestinianas, que como pouco producen éstas, -mais de muy baixa cuantía e cualidade respecto das de U$$ra€l- e mais as da ONU e o seu Presidente, que ata agora "falaba calado"