Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
AXENDA MUSICAL

Fin de semana de Fado e reflexión

O Teatro Colón da Coruña acollerá este venres e sábado dúas 'Noites de Fado', coa presenza de Ana Moure e Jorge Fernández, Filipa Cardoso e Argentina Santos

Redacción - 10:16 07/03/2008
Tags: concerto fado

O venres, a partir das oito e media da tarde subirá ao escenario Ana Moura, novísima cantante portuguesa que acadou o éxito en todo o mundo grazas ao seu traballo Guarda-me a vida na mao, que incluía temas como A porta do fado ou Dentro de casa; foi o primeiro de tres álbumes: Aconteceu, e Para Além da Saudade. En 2005 actuou no Carnegie Hall de Nova York, esgotando as entradas. Estará acompañada polo compositor, e guitarrista Jorge Fernández, que traballou con Amália Rodrigues. O sábado a noite do fado asistirá a un encontro interxeracional, coa actuación da tamén novísima Filipa Cardoso, xunto coa xa veterana Argentina Santos. O ciclo pecharase o vindeiro venres 14, co concerto de Paulo de Carvalho.



Pero na fin de semana de reflexión e comicios haberá máis música que fado. O venres, na Estradan Triángulo de Amor Bizarro actúan no ciclo de concertos pop da vila. E os Canteca de Macao, unha das sorpresas do 2007, chegan a Galiza, con actuacións en Santiago de Compostela (venres) e Vigo (sábado). Hai que salientar igualmente o regreso (por unha noite) dos Nenos da Revolta, que o venres pola noite felicitaranlle en Vigo o seu vixésimo aniversario a Radio Piratona.

O sábado, o concerto estrela na Coruña é o de La Habitación Roja, no Playa Club. E en Compostela o de Baby Dee e Fillo Pausado, incluído dentro da estensión santiaguesa do Festival Sinsal. Finalmente, en Pontevedra actuará a actriz María de Medeiros, abrindo o ciclo Con Voz Propia.

Venres 7 de marzo

A Estrada. Triángulo de Amor Bizarro, Teatro Principal. 22:30h. 5 euros.
Carballo. Moon Cresta, A Reserva. 23:00h. 4 euros.
A Coruña. Ana Moura + Jorge Fernando, Teatro Colón. 20:30h. 12, 8, 6 e 5 euros
Laracha. Som do Galpom, Sala Stereo
Melide. Loretta Martin, Pub Gatos. 1:00h. Entrada Gratuita.
O Barco. Jugoplastika, Baranda.
Ourense. Tonhito de Poi e Rasa Loba, Auriense.
Santiago de Compostela. Canteca de Macao, Sala Capitol. 21:30h. 14/16 euros.
Vigo. Asfalto + La Comisaría, Sala A! 22:30h. 15/18 euros.
Vigo. Tiro na Testa + La Vagabanda + Nen@s da Revolta. Fábrica de Chocolate Club. XX Aniversario Radio Piratona.

Sábado 8 de Marzo

Carballo. Los Hound Dogs, A Reserva. 23:00h. 4 euros.
A Coruña. La Habitación Roja, Playa Club. 8 euros.
A Coruña. Nao, FNAC. 19:30h.
A Coruña. Filipa Cardoso + Argentina Santos, Teatro Colón. 20:30h. 12, 8, 6 e 5 euros.
A Estrada. Tonhito de Poi e Rasa Loba + Mojinos Escozíos.
Ourense. O Sonoro Maxín, Auriense.
Pontecaldelas. Ataque Escampe, Leblon.
Pontevedra. María de Medeiros, Pazo da Cultura. 21:00h. 10/12 euros.
Santiago de Compostela. Baby Dee + O Fillo Pausado, Salón Teatro. 22:00h.
Santiago de Compostela. Som do Galpom, Centro Sociocultural Gentalha do Pichel. 23:00h.
Vigo. Moondogs Blues Party, Manteca Jazz.
Vigo. Canteca de Macao, Sala A! 23:00h. 14/16 euros.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: