Os socialistas consiguen 169 deputados (43,68% dos votos) mentres que a dereita aguanta o tipo subindo máis de dous puntos (40,08%) e logrando 154 escanos.
21h52: Co 54% do reconto, o PSOE sitúase agora en 171 escanos. Comparece diante dos medios o secretario de Organización do PSOE, Xosé Blanco, quen asegura que o abano final dos socialistas quedará entre os 168 e os 171 deputados. O PP chega agora aos 150 escanos. IU sobe a proxección anterior até 3 escanos.
21h33: Co 33% escrutado. O PSOE afástase da maioría absoluta. Os socialistas contarían agora con 170 escanos. Atrás deles, o PP chega aos150. Porcentualmente, a diferencia de voto é de sete puntos. Afunde Izquierda Unida, que só tería desta volta dous deputados fronte aos catro de 2004. CiU parece consolidarse nunha perspectiva de 10 deputados, os mesmos ca en 2004.
21h25: Co 23% escrutado. O PSOE no gume da absoluta. Os socialistas chimpan aos 175 escanos, só un por baixo dos necesarios para a maioría absoluta no Congreso.
21h15: Co 11% escrutado. Ampla maioría para os socialistas (172) malia que un chanzo por baixo da maioría absoluta (176). A vantaxe do PSOE sobre o PP chega aos dez puntos neste primeiro treito do reconto.
20h:
Os socialistas lamben a maioría absoluta segundo as primeiras enquisas
Enquisas:
Cuatro/Ser: PSOE (168-173); PP (145-149); CiU (9-10);ERC (6); PNV(6-7); IU(4); BNG(1-2)
Antena 3/Onda Cero: PSOE(163-166);PP (149-152);CiU(10);ERC(6-7); PNV(7);IU(4-5); BNG(1-2)
TVE/Autonómicas: PSOE (172-176); PP(148-152); CIU(9-11); ERC(3-4); PNV(6-7); IU (2-3); BNG(1-2)
Telecinco:PSOE (172-178); PP(142-147); CIU (9-11); ERC(4-5); PNV(6-7); IU(3-5); BNG(1-2)
Nada que festejar. O cenário é óptimo para a arrogância, e já se há de ver na legislatura, sem uma força de esquerda que gravite e puxe as politicas do governo para esse lado, sem necessidade dos nacionalistas de esquerdas, e com uma CIU fortalecida, o futuro é diáfano. Sabemos por expêriencia qual é a propensão dos socialistas quando têm as mão livres. Nas relações internacionais, mais do mesmo, mas com mais ardimento: especialmente reforçadas sairão as tendências neo-coloniais a respeito de hispano-américa e de toda parte do mundo subdesenvolvido. A representação é uma escravidão, dizia Rousseau, não compartilhar a representatividade nas instituições, não ter necessidade de conseguir acordos é o primeiro passo a unilateralidade, e a altanaria. Boas noites, boa sorte, Espanha.
Se se mantivese o número de deputados das anteriores, con estes mesmo resultados na provincia, para quen sería o deputado? Alguén podería botar esas contas?
Os resultados deixan ao BNG nunha conxuntura parlamentaria optima, se analisamos os apoios posibeis que pode procurar ZP para acadar maiorías ao longo da lexislatura o BNG está a puntiño de caramelo.
O PNV con referndo, no way para ZP.
CiU con PSC reforzado? nin de coña! ZP está aí grazas ao PSC e aos votantes da esquerada catalanista que veñen de lle dar apoio ao PSC (Carod dixit).
C.Canaria gobernando en Canarias co PP? no way! Tampouco plantarse como socio para CC pois o PSOE sacou máis votos e deputados no parlamento canario.
ERC co batacazo que levou entre en pactos sería unha situación non desexable por Montilla, alianzas pouco probabeis, o percorrido de pactos con ERC non contou coa simpatía do conxunto da militancia do PSOE. ERC pode ser a convidada de pedra ao igual que foi o BNG até o de agora.
Rosa Díez logo de poñer ao PSOE de volta e media? nin de coña!
Nafarroa Bai co cristo da moción de censura en Navarra? Moi pouco probable, mais Navarra pode ser crucial para ZP se reabren o proceso de paz.
IU en crise e en perigo de ser máis fagocitada polo PSOE, cousa dificil mais algo máis probable do que outras opcións.
O mellor aliado posíbel para ZP é o BNG! O caso é que se demostraría útil para Galiza e consolidariase como opción en cortes madrileñas para a opinón pública galega, se o BNG sabe facelo minimamente ben. O BNG é o que menos incertidume e menos problemas lle apresenta a ZP para a sua politica de alianzas nesta lexislatura. O BNG ten que aproveitar ben esta oportunidade. Ah! e Touriño non é Montilla nin o PSdeG é o PSC, poden patalear todo o que queiran. O BNG nunca foi máis decisivo.
pode ser que, de novo, uns resultados mediocres lle otorguen o bloque un certo protagonismo. 169 do pesoe + 3 eerrecé + 2 iu + 2 bloque serían suficientes para sacar a lexislatura adiante. pero bueno, está todo por ver, anque tal e como se negociou neste cuatrienio, non tería por que ser descabelado.
pero ahora zapatero teno máis doado para ir achegándose o sol que máilo quente e buscar apoios puntuais con maior facilidade. os resultados foron condenadamente nocivos para as forzas periféricas e de esquerdas que pactaron co de león e eso será un peaxe que debe estar disposto a pagar quen se meta a lidiar na cova do lobo.
pero como galicia o merece...