Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
CATRO FINALISTAS

O Certame de Música Folc de Radio Obradoiro escollerá gañador o venres 14

Entre as maquetas recibidas elixíronse catro formacións: Ghaita de Pedra (Lugo), Coanhadeira (Ourense), Covalblú (Pontevedra) e Nemon (Biscaia).

Redacción - 11:30 10/03/2008

O Teatro Principal de Compostela será o escenario no que catro novas formacións competirán por se converter no gañador da novena edición do Certame de Música Folc de Radio Obradoiro. Entre os catro finalistas, destaca a presenza dun grupo de Biscaia, Nemon, canda a aos lucenses Ghaita de Pedra, os ourensáns Coanhadeira, e os pontevedreses Covalblú. O gañador poderá gravar un disco.

O concerto comezará ás nove e media da noite e a entrada é de balde. No recital poderanse escoitar tamén os temas do primeiro álbum de Pradoiro, Aliaxe, formación de pandereteiras no que tamén se inclúen algúns temas instrumentais. Pradoiro está formado por José Antonio Ferreira (gaita, voz e bombo), Ana Belén Ferreira (pandeireta e voz), Carlos Mosquera (gaita e voz), Esteban Lamas (acordeón), Alejandra Golán (pandeireta e voz), Mª de los Ángeles Ferreira (pandeireta e voz), Nuria Golán (pandeireta e voz), Ricardo González (tamboril e bombo) e Roberto Rama (gaita e saxo).

Nos últimos anos o certame de música folc organizado por Pablo Gacio premiou a grupos que teñen revelado un futuro moi prometedor e que viñeron a renovar a escena folque galega, como Daniel Bellón e Diego Maceiras, Quempallou ou Xochilmica.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: