O portavoz de Cultura do Partido Popular criticou reiteradamente a participación da cultura galega na Feira do Libro da Habana.
Os colectivos asisnantes do comunicado, a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editores (AGE), a Asociación Galega de profesionais da Ilustración (AGPI) e a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Galix), critican especialmente a acusación realizada por López-Chaves de que a Xunta viaxara a Cuba "cun séquito superior ao dun xefe de Estado" e de que se escollera aos artistas e representantes alí enviados en función de afinidades ideolóxicas.
Os catro colectivos afirman que o emprego da denominación séquito aplicada ás representacións dos diversos colectivos editoriais, literarios e artísticos da Galiza, "supón un inaceptabel desprezo á cultura en xeral e aos que representamos á cultura do noso país, en particular". Así mesmo, acusan a López-Chaves de "faltar á verdade en relación coas actuacións e co desenvolvemento da nosa actividade na Feira do Libro da Habana" e deixan claro que os participantes "foron á Cuba polas súas capacidades literarias, artísticas e profesionais contrastadas e doadamente verificables, non pola súa adscrición política".
Finalmente, lembran que o señor López-Chaves e o Partido Popular coñecian previamente cal era o orzamento asignado a este evento e puideron presentar enmendas contra el, cousa que non fixeron, "o cal pon aínda máis en evidencia que este debate é oportunista e foi provocado coa pretensión de crear dúbidas na cidadanía no contexto da recente campaña electoral".
Ai, mira ti. Ou seja que, afinal, nom havia tal falta de transparência. Assim que os do PP som uns difamadores...porquê nom me surpreende? Vale. E, no resto da imprensa, porquê nom aparece esta nota de imprensa?