Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
O Celta máis cultural e medioambiental

Organizan un concurso de carteis e un festival de cine para os pequenos

A Fundación Celta e o clube vigués seguen a organizar actividades encamiñadas á sensibilizacións dos máis cativos coa defensa do medio.

Redacción - 19:15 10/03/2008

A Fundación Celta de Vigo e o clube celeste poñen en marcha un terceiro encontro educativo con nenos e nenas de entre 5 e 14 anos, da provincia de Pontevedra, que inclúe un concurso de carteis e un festival de cinema infantil e xuvenil, orientado, segundo contan "a fortalecer o seu compromiso coa protección do contorno natural galego e a reciclaxe".

A Fundación xa presentou a convocatoria nos centros educativos para que os estudantes poidan participar nesta iniciativa deseñando un cartel con temática ambiental, en tamaño A4. Os traballos hanse de entregar antes do 4 de abril nas oficinas do Museo do Celta. O deseño que gañe será o cartel oficial do encontro que han xogar en Balaídos Celta e Real Sociedad, e o seu autor ou autora recibirá tres pases para a grada de Tribuna, para gozar do partido acompañado dos seus pais.

Ciclo de cinema e natureza
Ademais, os venres 11, 18 e 25 de abril nas instalacións deportivas de Río Baixo hase desenvolver (do 18:00 a 21:00 horas) o Festival de Cinema Infantil Coida o planeta amigo, de balde para todos os nenos e nenas dos centros escolares participantes.


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: