Nunha intervención televisiva este luns, Rodríguez Zapatero citou a CiU e PNV coma "principais" grupos cos que o PSOE iniciará o diálogo.
"Temos varios grupos, e os dous principais son CiU e o PNV, que van ter grupo parlamentario, pero vou dialogar con todos", expresou o secretario xeral do PSOE, José Luís Rodríguez Zapatero, durante unha entrevista enTelecinco na noite do luns. Zapatero dixo estar seguro de que a nova etapa que se abre na lexislatura se caracterizará por "unha maior estabilidade" para o seu executivo e prometeu diálogo amplo máis alá das forzas que terán grupo parlamentario.
Os números saídos das urnas o 9 de marzo sitúan en boa posición ás forzas que integran o espazo Galeuscat para a negociación dos pactos que os socialistas necesitarán para botar adiante os seus proxectos durante a lexislatura que agora se inicia. Eventualmente, unha suma dos votos de CiU aos do PSOE sería abondo para conformar unha maioría suficiente, malia que a correlación de forzas agora mesmo en Cataluña complicará ese escenario. No entanto, mesmo a suma de PNV e BNG sería abondo en pactos puntuais.
Nas semanas previas a esta cita electoral, as forzas políticas que integran Galeuscat xa subliñaran a súa vontade de organizarse arredor dalgunhas propostas conxuntas, baseadas na convicción da necesidade de que o Estado español "recoñeza e asuma a súa realidade plurinacional". De xeito específico, a mediados de febreiro, BNG, PNV e CiU xa destacaran as bases da proposta para unha reforma do Senado "profunda e ambiciosa".
Pois case sería mellor ERC, BNG e IU por iso de facer política de esquerdas... porque o PSOE é de esquerdas non?
Ti tamén vaia por dios, chamarlle esquerda o PsóE... desde logo... En canto a patranha do espazo galeuscat non creo que o PSOE teña pensado facer goberno co Bloque ou co PNV chegalle con chegar a acordo con CIU sempre e cando desde catalunha non lle corten as ás. O pacto na generalitat e xa só funcional e esta medio morto.
El PSOE no es de izquierdas, es de quien le haga estar en el poder.
Tampoco es nacionalista y se apoya (y de paso se come...¡jejeje!) a los partidos nacionalistas.
De quien no dijo nada es del BNG y sus dos escañitos que yo ya pronostiqué por aquí en Vieiros, frente a los que hablaban de 3.
¿Serei parvo! non sabía eu que os dous deputados do BNG tiñan os escanos máis pequenos (escañitos) que o resto dos deputados.
Ou sitúan en bo lugar ás dúas comunidades máis favorecidas e tamén máis belixerantemente independentistas. Naturalmente o BNG ten os seus compromisos con Galeuscat e pode rabuñar algo, pero penso é máis importante concentre esforzos coas outras forzas de esquerdas, como di Sheamais. A transferencia de competencias, IRPF, etc. beneficia moito máis a Cataluña e Euskadi que a este atrasado recuncho, e é o que o nacionalismo pulará por conseguir do Estado. Sen embargo, a poboación envellecida, o déficit en políticas sociais e sanitarias é o que necesita con máis urxencia conseguir Galicia. Na mesma entrevista hai mención a IU e BNG (non a Esquerra nin Nafarroa-Bai), polo que certas demandas sociais galegas poderán ser atendidas con maior preferencia con só unha pequena cesión ao apoio de ERC por parte do goberno. Teño a sensación de que a Vieiros a árbore nacionalista impídelle ve-lo bosque. Pois Galicia pode ser nación preambular, pero o inmediato é o benestar e a cultura dos cidadáns galegos.