Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
CONCURSO DE CANCIÓNS EN GALEGO

ACoruñaSon anuncia os seus dez gañadores

Os artistas e grupos seleccionados asistirán a un obradoiro musical con Santiago Auserón, antigo líder de Radio Futura.

Redacción - 10:29 11/03/2008

O concurso CoruñaSon, organizado polas concellarías de Cultura e Mocidade da cidade, recibiu máis de cincuenta cancións, entre as que se elixiron trinta finalistas. Entre todas elas, Santiago Auserón, director técnico do certame, seleccionou dez gañadores, que agora participarán nun obradoiro que impartirá o propio Auserón, Juan Perro.

No seu ditame, o antigo líder de Radio Futura destacou o bo nivel dos participantes e aclarou que a selección atendeu a diversos factores, entre os que estaban o de orixinalidade e variedade de estilos: "son as que a min me parecen máis adiantadas desde o punto de vista da composición, pero tamén quixen ter en conta na selección dous factores: que predominen as propostas novidosas e que se mostre un abano de estilos amplo, non reiterativo, permitindo facerse unha idea interesante do horizonte da canción galega".

O obradoiro terá lugar na Coruña entre os días 24 e 28 de marzo, e ademais dos artistas seleccionados, poderá asistir como oínte todo aquel que o desexe.

Estes son os dez gañadores:
NAT: Nunca te quixen. Canción de autor.
PABLO DÍAZ: O moucho. Novo folk.
MIKI: Canto aquí, canto onde me peta. Son galego.
IRIA PINHEIRO: Violoncello. Cabaret-art.
MRCARÁCTER: Xabarín-manía. Rock galego.
CHUS: A lagoa dos soños. Pop psicodélico.
O SONORO MAXÍN: A rua do perigo. Reggae atlántico
TONHITO DE POI: Mariñeira. Rock galego.
D-LAXE: Túas man. Trip-hop atlántico.
SONHOS: María. Nova bossa galega.


4.33/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: