Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
'Mil festas máis para a lingua galega'

"As orquestras deberán usar un mínimo de galego por contrato"

O Concello de Redondela promove unha campaña de normalización lingüística para potenciar o uso do galego nas festas populares, e convida a todos os do país a se sumaren. Falamos co impulsor desta iniciativa, Xosé González.

Fernando Arrizado - 19:59 11/03/2008
Os cantantes das orquestras usan cada vez menos o galego

Os cantantes das orquestras usan cada vez menos o galego

O Concello de Redondela (Vigo), en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e coa TVG, está a promover unha campaña de normalización lingüística para potenciar o uso do galego nas festas populares. Porén, a iniciativa non fica aí, xa que o obxectivo é que se estenda a todos os concellos do país.

O fin último é o de potenciar a cultura e a lingua propias de Galiza. Este luns, o alcalde de Redondela, Xaime Rei, enviou cartas a todo os concellos para explicarlles o contido da proposta, e para convidalos a se xuntar o vindeiro 4 de abril, co fin de asinaren unha declaración conxunta.

Mais tras desta iniciativa está Xosé González, técnico da Concellaría de Cultura de Redondela. Fundador da Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística, da Asociación de Xuristas en Galego, da Fundación Lois Peña Novo e presidente da Fundación dos Premios da Crítica, González tamén foi responsábel de normalización lingüística da Mancomunidade de Vigo.

Vieiros:
Como xorde 'Mil festas máis para a lingua galega'?

Xosé González: Xorde da observación detallada da realidade e mais dun axeitado cumprimento das normas. A Lei de uso do galego polas Corporacións locais e o Plan Xeral e a Lei de Normalización Lingüística así o estabelecen. Os concellos fan pedagoxía para vertebrar o país, tamén co galego.

Tamén coas festas...

Se temos en conta que en Galiza hai 3.750 parroquias e 35.000 núcleos de poboación -o que supón case o 70% dos que hai no Estado Español- e cada parroquia fai dúas festas ao ano, unha polo patrón e outra pola patroa... iso supón 7.500.
Ademais, haille que sumar todas as festas gastronómicas, as de carácter histórico, as organizadas polos concellos... Son moitos millóns de pesetas investidos; non podemos permitir que por desleixo non só non se constrúa país senón que se desgaleguice.

En que senso?
O exército de neotrobadores que son as orquestras ocultan en moitas ocasións a súa identidade, usando o castelán mesmo con acento andaluz. Cómpre recuperala, tanto a individual como a colectiva de parroquia. No é lóxico, por poñer un exemplo, que en Guillade non se teña en conta a Xoán García; coido que é un dispendio, hai moitas historias ocultas en todas as parroquias.

E tamén, se se fan cancións en castelán con ritmos estranxeiros, por que non se van, facer tamén en galego... como cando Adolfo Suárez dicía que o galego non servía para asinar tratados nucleares, ou Fraga que non tiña utilidade fóra da cultura. Ben é certo que os chamados axentes artísticos, que che venden a festa feita, non poñen nada de seu...

E esta situación é a que leva ao nacemento de 'Mil festas máis para a lingua galega'...

Collinlle prestado a Álvaro Cunqueiro o seu "mil primaveras máis". Levamos tempo traballando para recuperarmos a nosa identidade nas festas. Hai quince anos conseguimos que no momento da consagración a banda tocase o himno galego en troques do español.

Pero hai moitos máis símbolos, cos que a xente ten confusión: antes a bandeira española cubría o campanario da igrexa, agora comeza a compartir o espazo coa galega e aínda quedan desequilibrios.

Como se vai levar a cabo a proposta?

Debe figurar por contrato que haxa un mínimo do 20% ou o 25% dos temas en galego, ben sexan orixinais ou adaptados; o cantante tense que dirixir en galego ao público. Outro tema importante é o da toponimia, que na publicidade da festa aparece deturpada en moitas ocasións, e que nesta publicidade se use un lingua correcta, non vulgar.

Tamén, que os cregos xa que non o usan o resto do ano, polo menos o día do patrón oficien a misa en galego. Que os contratos estean redactados en galego... Sobre todo que sexa unha festa ao servizo da cultura do país e da parroquia, e que sexa para todos, novos e vellos, que non sexa disciosativa do continuo xeracional... Se temos 3.750 parroquias, debería haber 3.750 festas diferenciadas coas súas singularidades; agora unha na aldea do Cebreiro é idéntica por exmplo a outra que se faca no Castiñeiriño.

E que opinan os concellos?

Os concellos, xa que non caeron na conta as comisións de festas, como ente superior que son deben facer que isto se cumpra porque lles obriga a lei. Non podemos ter festas feitas con regra e cartabón, cumpren un papel antropolóxico, sociolóxico... Xa que logo, convocamos aos concellos para que o transmitan -agora os músicos, dos que por certo Galiza é exportador, non están agrupados coma antes.

Adheriuse algún xa?
De momento sei dalgúns que o van facer, coma Calvos de Randín, Vilagarcía, Soutomaior ou Mondariz-Balneario, mais haberá moitos máis.


Documentos

5/5 (20 votos)


Comentarios (9)

Tarelo #1 12/Marzo/2008 Tarelo

Dende Redondela decir primeiro que, que carallo é iso de "Redondela (Vigo)"? En todo caso, Redondela (Pontevedra).
Parecemente ben a iniciativa do Concello de Redondela, máis nalgún pleno desta vila se lle teñen escapado verbas en castelán o memso alcalde. Entre os concelleiros e Concelleiras do grupo municipal do PSOE (goberna en bipartito co BNG) existen concelleiros/as que se expresan nos plenos libremente en castelán. Pola banda da oposición (PP e PG) o galego brila pola súa ausencia. Como redondelán decir que ¡moita campaña normalización nacional! máis a casa está sin barrer. Cumpría que empezaramos con polo menso nos plenos e comparecencias públicas ou na Casa Consistorial os/as Concelleiros/as do PSOE se comprometesen a falar e atender os cidadáns en galego. Poderían seguir invitando a outros grupos a facer o mesmo. Tamén cumpriría, falando de contratos, que esixixen as empresas adxudicatarias de servizos públicos municipais privatizados que no futuro, presenten as súas ofertas en galego, que promovan o galego nas relacións cos seus empregados e usuarios e polo menos cando se dirixan oral ou por escrito a este Concello. Para os que non sodes de Redondela decir que Xaime Rei é o autonomeado "nome de guerra" de Jaime Rey

LOIS_DE_SILAN #2 12/Marzo/2008 LOIS_DE_SILAN

A sectorización (que día do patrón, que día da patroa, que a mocidade, que a madureza, que a vellez, que os de cor azul, que os de cor verde, que os da parroquia, que os do concello , que os da pesca, que os da siderurxia, que estes, que aqueloutros, que ... ) dos usos do idioma sempre foi e será un erro estratéxico verbo da normalización da lingua galega no seu territorio.

Trabúcanse, daquela, os do concello de Redondela, coma moitos outros, manténdose nesa liña do partillamento nos usos do galego na Galiza.

O único que vexo de positivo na nova évos establecer unha porcentaxe mínima de repertorio en galego ou galeguizado como xeito de contrarrestar coa identidade o mercado.

O resto só vos é tentar baleirar o mar cun cesto sen fondo!

zudre #3 12/Marzo/2008 zudre

Lois_de_Silan, non estou de acordo co que plantexas en #2. Creo que esa sectorialización da que faals non só non é un erro, senón que é completamente encesaria. En política lingüística existe o concepto de "limiar mínimo" que hai que superar para que unha actuación sexa efectiva. Tendo en conta que non dispoñemos de medios suficientes para que ese limiar sexa superado no conxunto da poboación galega, o único modo factible de actuar é ese, sectorializando a poboación e potenciando pouco a pouco a galeguización dos diferentes sectores poboacionais que ao mesmo tempo servan como axentes galeguizadores. é a diferenza (aínda que tamén actuasen nos acsos que vou pór de exemplo outros exentes). A diferenza entre as políticas lingüíticas levadas a cabo en Irlanda (fracasadas) e as levadas a cabo en eukadi (moi exitosas tendo en conta o punto de partida). Ademais, tendo como receptores das políticas aqueles sectores aos que van dirixidas as accións en Galiza (neste caso, as comisións d festas e as orquestras, a xuventude...) evítase crear unha fenda entre diferenets conxuntos de poboación (que é o que pasa en parte no país Vasco, que se crean fendas enormes entre eukaldúns e acstelán-falantes, propiciado tamén pola distancia idiomática) Un saúdo!!

LOIS_DE_SILAN #4 13/Marzo/2008 LOIS_DE_SILAN

zudre!, en política lingüística dun estado democrático de dereito réxeche o principio da efectividade do dereito! Principio que en materia de dereitos/obrigas lingüísticas na Galiza se che viola sistematicamente obviándoo (uns por ignorancia e ben deles por malicia).

Na Galiza, na vez de partir da existencia dunha regulación normativa completa (que, resumidamente, di: na Galiza na súa lingua territorial propia coma en Castela na súa, sen prexuízo de usarmos linguas alleas excepcinalmente por motivos xustificados, coma en Castela!) actúaseche coa crenza de que se pode prescindir da propiedade do galego e mais da alleabilidade do castelán ou doutras linguas e, daquela, que se pode escoller (para o que sería condición inescusábel coñecelas!) libremente entre calquera das linguas oficiais polo feito de seren oficiais.

Esquema ou crenza que permitiría a estimulación, o potenciamento económico ou doutro tipo, do uso dunha OU DOUTRA! (os particulares poderían potenciar na Galiza o uso do castelán!).

Daquela, o que procede é coñecer e dar a coñecer as obrigas e dereitos de todos ó respecto, e non pagar ou premiar a quen cumpra coas súas obrigas e deixarlle facer (coa correlativa violación de dereitos de terceiros!) a quen manifestamente as incumpre.

Outro saúdo!

Gaviotero #5 13/Marzo/2008 Gaviotero

Totalitarismo puro y duro. Fascismo del malo. No importa la calidad artística ni el entretenimiento del personal. Se trata única y exclusivamente del uso del gallego...¿valdrá el castrapo? Más que nada porque la gente lo entienda.

teixugo #6 14/Marzo/2008 teixugo

Da-me a mim o corpo que Feijooy,
vai ser tão presidente como Rajooy...

CuÑÑÑaoo!!!! Que parelha :-)

jujolor #7 14/Marzo/2008 jujolor

ave carroñera totalitarismo y fascismo es el tuyo, ademas de radicalismo, te estribo en "español" para que me entiendas.


siempre na Galiza

teixugo #8 14/Marzo/2008 teixugo

Ió también se lo trabuzno al castillano:

Me da a mi el cuerpo que Feijooooooy,
va a ser tan presidente como Rajoooy!!!

en_galego #9 15/Marzo/2008 en_galego

fascismo e totalitarismo si home si que saberas ti diso se a ti tenche absorbida o cerebro un partido político e defendelo ante todo.Vemos quen pensa e quen e un monigote que nin sequera pensa por si mesmo

http://www.blogoteca.com/en_ga...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: