Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
Piden un novo reconto

O PP denuncia erros en Pontevedra que o prexudican "en centenares de votos"

Coa reclamación diante da Xunta Electoral Provincial e á espera do que chegue nas sacas da emigración, aspiran a mellorar resultados na provincia.

Redacción - 09:00 12/03/2008

Nun comunicado, o PP pontevedrés láiase de "numerosos erros" rexistrados durante a xornada do 9M e cita presuntas irregularidades nos concellos de Mos, Dozón e Lalín. Aseguran os populares que estes municipios son exemplo de casos onde "non coinciden os datos de Interior cos que rexistran as actas do escrutinio". Así, cren desde o PP que a alteración do cómputo xeral de sufraxios na provincia "só lle afecta aos resultados obtidos polo PP" e aseguran que o partido "sae prexudicado en centenares de votos". Por este motivo, o PP esixiulle á Xunta Electoral Provincial "un novo reconto".



Por outro lado, o PP tamén fai contas arredor dos votos chegados da emigración, que neste 2008 enviou até un 20% máis de sufraxios. Aos populares cumpriríanlles arredor de 25 mil votos procedentes de emigrantes pontevedreses para quitarlle ao BNG o escano obtido o 9 de marzo en Galiza. Hai catro anos, o PP obtivera nesta circunscrición un total de 17.327 apoios entre os emigrantes.


3,5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: