Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Futsal

O Lobelle perde por goleada contra un gran El Pozo Murcia

Era a mellor versión do campión da Liga e da Copa a que atoparon os xogadores santiagueses ao saltar á pista. O partido terminou cun 6-1 para os murcianos.

Redacción - 11:30 12/03/2008

O A. Lobelle de Santiago FS atopouse con un fantástico El Pozo de Murcia, no encontro aprazado da 18ª xornada de liga. Os de Venancio López non puideron frear as constantes acometidas dos locais, e nin sequera amosaron o nivel de xogo que si tiveron, sen ir máis lonxe, contra os murcianos na Copa.

Tras esta derrota (6-1 para El Pozo), o Lobelle precisa gaña ao Armiñada Valencia o sábado para asegurar unha semana máis o seu posto entre os oito primeiros da clasificación.

Os outros equipos galegos na División de Honra
O Azkar Lugo vai de cuarto, despois de perder tamén contra El Pozo na casa, o pasado sábado 8 de marzo.

O Lobelle segue ocupando a sexta posición, pero o máis prexudicado polos seus deputados deportivos é o Leis Pontevedra, que se atopa en postos de descenso, sendo o último clasificado, no posto 16.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: