Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Día internacional pola liberdade de expresión en internet

Mobilización en liña contra o cárcere a ciberxornalistas, ameazas a blogueiros ou ciberespionaxe dos gobernos

En elaboración a lista dos "inimigos de internet" e actualización da "Guía do ciberdisidente". A xornada está promovida pola Unesco e Reporteiros sen Fronteiras.

Redacción - 12:00 12/03/2008

Foron case tres milleiros de sitios web cerrados durante os últimos doce meses. Así o recolle o informe 2007 do colectivo Reporteiros sen Fronteiras, RSF, que na súa última edición subliña especialmente a presión censora ao xornalismo e os xornalistas en internet. RSF avisa de que a información en internet xa está en moitos lugares tanto ou máis censurada que a prensa tradicional. Segundo o reconto deste colectivo, no último ano foron ao cárcere 65 persoas debido ás reflexións escritas nas súas bitácoras, cun total de 37 blogueiros a xuízo e dúas ducias de ataques e agresións a autores de blogs. Países coma China ou Arabia Saudí son os máis criticados por este tipo de prácticas.

Por outro lado, hai poucos meses o grupo, OpenNet Initiative, colectivo de expertos vencellados ás universidades de Cambridge, Oxford, Harvard e Toronto, publicaban un informe sobre a censura en internet onde advertían de que os ataques á liberdade de expresión acontecen a miúdo mesmo no contorno de Europa. "En menos dunha década, a internet europea evolucionou desde a ausencia de controis até unha situación onde a maioría dos estados, especialmente na propia UE, filtran o acceso aos contidos", critican.

O día en favor da liberdade de expresión en internet está apoiado pola Unesco e Reporteiros sen Fronteiras. Na web de RSF poden consultar a guía do ciberdisidente.


1/5 (1 votos)

Comentarios (4)

ecoe #1 12/Marzo/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Coidado con estes RSF que cobran directamente da CIA e actúan conforme intereses dos USA, e non só contra Cuba, sinon en todo canto fan. Grupo especializado en ver nos ollos alleos os lixsos e non as vigas nos propios.

Que a libertade de expresión veña avalada -millor abalada- por estes mequetrefes (e nunca millor dito do seu director), realmente di pouco bó de quenes penduran a suas noticia e os seus webs.

ecoe #2 12/Marzo/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Menos mal: A Unesco retira a co-participación con RSF precisamente alegando a falta de honestidade da mesma. Ó amigo Menard saíulle o tiro pola culata!

http://www.granma.cu/espanol/2...

ecoe #3 13/Marzo/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

UNESCO volve desautorizar RSF: unha millor explicación hoxe en http://www.rebelion.org/notici...

Lead_bocas #4 14/Marzo/2008 Lead_bocas
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Alégrame que a UNESCO rectifique e paréceme que Vieiros tamén debería rectificar.

RSF demostrou hai moito tempo que o seu discurso está podrido, canto máis neste tema tan oportunista. Critican ao terceiro mundo por non prover de ancho de banda -algo que aquí tampouco é universal- e non inclúen a Patriot Act (ese monumento á liberdade de expresión en Internet) nin os asaltos policiais aos IMCs na Europa e América.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: