Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Esta semana

O goberno español suspende as comunicacións telefónicas dos presos independentistas

Os centros penitenciarios de todo o Estado recibiron unha orde do Ministerio do Interior polo que as chamadas semanais se van reducir ás dos familiares directos.

Redacción - 13:00 12/03/2008

O Organismo Antidepresivo Ceivar informou a Vieiros desta nova medida do Ministerio do Interior español, segundo a cal os centros penitenciarios de todo o Estado han de suspender parte das comunicacións telefónicas semanais dos presos políticos, reducíndoas só ás dos familiares directos (pais, nais e compañeiro ou compañeira).

Para Ceivar esta última medida, que, segundo din, só afecta aos presos políticos (aos 800 que existen no Estado, entre os que se atopan os independentistas galegos Giana Gomes Rodrigues, Sánti Vigo Domingues, José Manuel Sanches Gorgas e Ugio Caamanho Sam-Tisso), é unha outra "volta de porca dada polo PSOE para a incomunicación dos presos e das presas independentistas galegos".

Afondando no control penitenciario
Na súa web o colectivo conta que a noticia, cuxa existencia non foi recoñecida polo goberno español, "chegaba a todas as prisións nos últimos días".

Ceivar tamén lembra que, por regra, "a comunicación telefónica xa era moi limitada de por si -media de 5 chamadas semanais de cinco minutos-". Porén, o colectivo salienta que esta nova directriz do departamento que dirixe Pérez Rubalcaba "afonda na incomunicación co exterior que deriva da privación de liberdade, da dispersión a centos de quilómetros do país, da imposición do réxime FIES e da restrición e control penitenciario de visitas e correo".


4,6/5 (15 votos)


Comentarios (8)

AGIL #1 12/Marzo/2008 AGIL

Menos mal que no reino bourbónico não existem os presos políticos... Se existissem, como seriam mal tratados? Sem dúvida com a pena de morte... Ainda que... não sei... não é matá-los cidadãmente tudo o que estão a fazer com eles?
Leiam, leiam o que diz a sacrossanta e virginal Constitución espaÑola nos artigos 24 e 25:

«Artículo 24.
»1. Todas las personas tienen derecho a obtener la tutela efectiva de los que jueces y tribunales en el ejercicio de sus derechos e intereses legítimos, sin que, en ningún caso, pueda producirse indefensión.
»2. Asimismo, todos tienen derecho al Juez ordinario predeterminado por la Ley [OS JUÍZES DA AN OU TOP NÃO SÃO JUÍZES ORDINÁRIOS, MAS EXTRAORDINÁRIOS!], a la defensa y a la asistencia de letrado, a ser informados de la acusación formulada contra ellos, a un proceso público sin dilaciones indebidas y con todas las garantías, a utilizar los medios de prueba pertinentes para su defensa, a no declarar contra sí mismos, a no confesarse culpables y a la presunción de inocencia.
»La Ley regulará los casos en que, por razón de parentesco o de secreto profesional, no se estará obligado a declarar sobre hechos presuntamente delictivos.»

«Artículo 25.
»1. Nadie puede ser condenado o sancionado por acciones u omisiones que en el momento de producirse no constituyan delito, falta o infracción administrativa, según la legislación vigente en aquel momento.
»2. Las penas privativas de libertad y las medidas de seguridad estarán orientadas hacia la reeducación y reinserción social y no podrán consistir en trabajos forzados.
»El CONDENADO A PENA DE PRISIÓN que estuviere cumpliendo la misma GOZARÁ [não parece o verbo mais próprio! Hala, a divertir-se...!] DE LOS DERECHOS FUNDAMENTALES DE ESTE CAPÍTULO, a excepción de los que se vean expresamente limitados por el contenido del fallo condenatorio, el sentido de la pena y la Ley penitenciaria. En todo caso, tendrá derecho a un trabajo remunerado y a los beneficios correspondientes de la Seguridad Social, así como al acceso a la cultura y al desarrollo integral de su personalidad.
»3. La Administración civil no podrá imponer sanciones que, directa o subsidiariamente, impliquen privación de libertad.»

Este é o reino bourbónico: boa letra, mas molhada...

Tarelo #2 12/Marzo/2008 Tarelo

E para cando un Guantánamo español? Perexil candidata, xa!

luisfoz #3 12/Marzo/2008 luisfoz

E vivam os direitos humanos! Gil explica bem o assunto e nom tenho mais nada que acrescentar.

Atlantico #5 12/Marzo/2008 Atlantico

Non vamos a recordar agora, que só un dos catro presos pode ser acusado en firme de algo (Ugio). Giana que eu saiba non fixo nada, a non ser acompañar unhas horas antes o detido, igualmente, os rapaces detidos en Porto do Son, só poden ser acusados de ir cun petardo no coche.

Tampocuo vamos a falar de que os primeiros levan tres anos de cadea sen xuizo.

ecoe #6 12/Marzo/2008 ecoe

Pero as condeas -supoñendo que foran ou fosen xustas -( ?)!!- non rematan nas SENTENCIAS? Entraban nas sentencias a SUSPENSIÓN DE COMUNICACIÓNS?

Haberá xuízos dentro do cárcere que SENTENCIAN NOVAS PENAS?: Incomunicacións, cacheos, retirada de cursos...??

Ademáis do cárcere: hai outro cárcere DENTRO DO CÁRCERE?

Inxel #7 13/Marzo/2008 Inxel

Na España, o estado de dereito sempre foi un estado represivo. Nese País, ser independentista equipárase a ser criminal. Para cando a denuncia ante o tribunal de xustiza europeo? PSOE e PP altérnanse na violación da cacarexada e indemocrática carta magna.

xoselado #8 13/Marzo/2008 xoselado

As autoridades teñen medo das palabras,das ideas,da intelixencia...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: