A análise feita por ADEGA e Matar por matar non reflicte que os Planos de Ordenación Cinexética (POC) contemplan números de perdices, raposos, xabarís e corzos "absolutamente incríbeis".
Para ADEGA e Matar por matar NON! "a manipulación dos censos de caza é clara e xeneralizada".
Ámbalas dúas organizacións ecoloxistas denuncian que, tras estudar os Planos de Ordenación Cinexética (POC) de dous TECORes, un de Ourense e outro de Pontevedra, comprobaron "a falsidade dos datos" que regulamentan a caza nestes espazos.
A denuncia enteira está no Canal Verde.
Pois claro que matan só por matar e ademais chámanlle deporte. Poderían xuntarse co artista de Costa Rica que expón a cans morréndose de fame ou co pepeiro matagatos de Toledo.
A caza é un costume antigo que xa pasou a mellor vida, como os sacrificios humanos das tribos salvaxes. Para matar xa nos sobra con Bush "o matamoros".
Parece mentira que se fagan campionatos para ver quen mata máis e por riba chamanlle deporte.Coñezo a moitos cazadores e a maioría non debería poder levar unha escopeta:maltratan ós cans todo o ano e desfanse deles cando non serven,toman tres ou catro copas antes de ir o monte e levan os fillos para ensinarlle a disparar con 12 ou 13 anos.
Deporte, isto?
Se houver probas de dopaxe, a metade non poderian participar, porque muitos dos armados van cheos como centolos... Asi morren e/ou resultan feridos tantos cazadores e vítimas-efeitos colaterais...
Mais que ver co deporte é o que fai un home que coñezo eu. El caza, si, mas vai con arco e frechas. As suas vacacións, muitas veces, consisten en ir un mes à montaña co seu arco e as suas frechas. Sei que é mui dificil: mirar de onde vén o vento(para que o animal desarmado non cheire ao armado), achegar-se (non como coa escopeta), seguir rastros, perseguir à peza até que cae... Este home gosta de cazar muflóns.
Non é que estexa de acordo con esta modalidade de caza, tampouco, mas acho que é mais "respectuosa" coa natureza.
O máis importante deste asunto non radica no feito de que os TECOR traten de enganar a administración. O grave, é que a própia
administración non tome as medidas oportunas para xestionar adecuadamente a fauna salvaxe, que é un ben común, patrimonio de todos nós, e deixe de utilizala coma unha fonte de divisas xerada por milleiros escopeteiros aos que non se lles pon Lei nin "couto". O conselleiro de medio ambiente sabe como se elabouran eses Plans Cinexéticos e olla para outro lado como "D. Manuel e del Álamo". Non fixo nada por cambiar a "cultura" do cazador nin por realizar censos nas especies "cinexéticas" co gallo de seren contrastados cos apresentados polos TECOR,confiado en que nesta xeografía galaica é moi dificil extinguir a un animal. E mentras, fréganse as mans, coma os taberneiros, os armeiros, os modistos de "toxo e sedal", as veterinarias...
Non esqueza SR. conselleiro que até eiquí, no "país da auga" vamos a ficar sin ela..e tamén sin eses animaliños que vostedes lles chaman pezas cinexéticas.Non sei moi ben se por desídia ou se por "cultura".