Galiza contará cunha potencia de 6.500MW en 2012. Até daquela haberá un volume de investimento de 5.500 millóns de euros e crearanse arredor de tres mil postos de traballo.
Transparencia, responsabilidade social e bloqueo á especulación son factores básicos sobre os que se define o novo decreto de regulación do aproveitamento da enerxía eólica. Este mércores presentouse a orde que o desenvolverá, e coa que, segundo explicou o conselleiro de Industria, Fernando Blanco, a Xunta pretende que esta enerxía pase a ser "un factor de dinamización económica" no país.
Deste xeito, entre os criterios a considerar para a admisión das solicitudes de iniciativas eólicas, aparece a proposta de participación pública no proxecto, os instrumentos financeiros para a participación do aforro dos particulares e a indicación de fórmulas de implicación dos propietarios dos terreos. A suma destes tres factores poderá outorgarlle até 30 puntos sobre 100 aos proxectos presentados.
“Agora a nosa política eólica planificámola en Galiza, mirando polos intereses de Galiza e dos galegos e galegas, tendo en conta as súas necesidades de abastecemento para permitirlles mellorar a súa calidade de vida”, afirmou ao respecto da nova planificación o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana. Unha estratexia que trata de acabar cun escenario onde o noso país, e malia o amplo número de muíños eólicos que soportaba, máis aló de poñer recursos e soportar custes "non quedaba cos beneficios".
Cara a un tecido industrial "forte" no sector
O proceso que agora se abre até 2012 inclúe así a adxudicación de 2.325 megavatios. O Goberno calcula que arredor se vai xerar un investimento de case 5.500 millóns de euros, o 75% en Galiza, e que fará posíbel crear perto de 3.000 empregos. Con eses números, Galiza pasaría a liderar o sector eólico a nivel estatal e converteríase de feito na sexta potencia mundial, con 6.500 MW instalados.
En palabras de Anxo Quintana, a viraxe "aposta por unha política eólica socialmente máis responsábel na que, por riba dunha perspectiva estritamente produtivista o Goberno antepón o uso responsábel e sustentábel dos nosos recursos enerxéticos”. Quintana destacou que por vez primeira se deseñe unha política enerxética "en clave de país" para que "non sexan outros os que se enriquecen á nosa costa”.
No mesmo sentido, destacou os beneficios que o novo procedemento garantirá para a creación dun "sector industrial forte" no ámbito eólico. A Xunta confía en que arredor dos proxectos se articule unha rede industrial "xeradora de riqueza e emprego", potenciando ademais "as posibilidades de xerar I+D no eido das renovábeis no país".
Parabéns á Consellaría de Industria, é hora de que os beneficios dos nosos recursos queden aquí. Deben de estar rabeando os que querían que levasen todo as grandes empresas madrileñas.
É incrible a loita que hai que manter con eses chupópteros. Fernando Blanco con todos os fallos que poida ter (non os ten quen non goberna, evidentemente) é valente e enfróntase a unha xentuza que estaba afeita a pasarse a lei polo forro e facer o que lles daba a gaña; e cotizar en Madrid claro...
Só falta que o capital galego aposte de verdade por este país, cando iso ocorra non teremos que envidiarlle nada a bascos e cataláns.
Por certo, felicidades a todos eses que fixeron todo o posible para fastidiar en Ferrol e outros sitios: agora teñen aí o resultado. Unha debacle de IU e un reforzamento do PSOE (culpable de casi todo do que lle botaban a culpa ao BNG). Poden estar contentos. Algúns deles seguro que incluso deron o seu "voto inútil" ao PSOE.
Atopei unha outra visión da cuestión na seguinte ligazón:
http://www.frentepopulargalega...
Que casualidade que as maravillas do plano enerxético coincidan co cese do Director de enerxía e a súa substitución por outro vencellado ó PP. ¿Para qué queremos máis producir máis electricidade en Galiza? Isto non o explica nin Fernando Blanco nin Quintana.
Seica é o progresso da Galiza. Tal o "ladrillo" é o progresso de Barreiros. Alguem lembra aqueles lumes que arrasaram Galiza? Foram os brigadistas descontentos, os pepeiros resentidos por perder o poder, a incultura duma sociedade rural (dizia a ministra espanhola), e mil teorias mais, .... mas o caso é que naquela terra queimada hoje florecem estupendos parques elólicos, e o Fernando Blanco (por Deus, que ninguém pense em Tojeiro das Pontes, nem Cortizo de Lugo, nem Jove da Corunha, nem nos filántropos accionistas das duas caixas "galegas") estão a repovoar os nossos montes com a nova espécie: "Quercus Eólicus".
1.- Galiza necessita produzir 6.500MW em 2012?
2.- A nova legislação proibe instalar eólicos em áreas protegidas. Como se vá aplicar a disposição adicional de da lei que "legaliza" os já autorizados da era Fraga, mas também na era Blanco com normativa da legislatura anterior, época na que se autorizaram centos de projectos de dudosa legalidade?
3.- Quem fica com os ganhos? Os vizinhos dos montes comunais? Os trabalhadores das fábricas de aerogeneradores? Eu gostaria que o BNG explicasse como os milhões e milhões de ganhos vão ficar na Galiza. Pois na legislação eu ainda não atopei o artigo onde se regule a prol disto.
Condos pra nenos aparte, o Fernado Blanco e o BNG estão a criar um sector energético neoliberal bárbaro (tanto no sentido de brutal coma no de extrangeiro), sem uma regulação clara, sem normas que realmente canalizem os ganhos no pais, sem clave de pais, e sem outra vontade que criar essa burguesia podre de dinheiro (crendo que vá estar ligada ao BNG) da que fala Xistral.
Que nos roubem os madrilenhos ou galegos que vivem em Madrid a mim tanto me tem. Não deixa de ser um roubo.
E a pugna entre os intereses galegos e os espanhois não é tal. Estes patriotas galegos estão a liberalizar mais e mais o sector e afastar mais e mais os ganhos dos galegos.