O Pleno da Sala do Penal da Audiencia Nacional entende que se vulnerou o dereito de defensa de Enric Stern e Jaume Roura.
Imaxes da campaña de apoio aos condenados
O Pleno da Sala do Penal da Audiencia Nacional acordou anular o xuízo en que dous independentistas cataláns foron condenados por queimar unha fotografía do xefe do Estado español, xa que considera que se vulnerou o dereito de defensa de Enric Stern e Jaume Roura ao negárselles a posibilidade de usar a súa lingua, informa o xornal madrileño El Mundo.
O Pleno alcanzou esa decisión tras estudar o caso en dúas reunións en que revisou o recurso interposto polo avogado dos acusados contra a condena por "inxurias ao rei", e pola que foron multados con 2.700 euros. Este feito obriga a retrotraer as acusacións ao momento anterior ao xuízo.
Durante a vista oral do pasado 20 de novembro, Stern e Roura quixeron declarar en catalán. Porén, o xuíz central do Penal, José María Vázquez Honrubia, teimou en que debían facelo en castelán. Ademais do recurso da defensa, a Asociación de Xuristas en defensa da Lingua propia interpuxo unha denuncia contra o maxistrado, mais o CGPJ arquivouna.
Vázquez Honrubia afirma que o catalán non é cooficial en Madrid e que os acusados coñecen perfectamente o español, xa que "xamais alegaron dificultade idiomática algunha coa lingua española".
Desenvolvendo a vida en Catalunya non se ten nin a obriga nin a carga de usar (falar ou oir) o castelán perante un órgano xurisdicional radicado en Madrir.
Desde logo que non sobre todo se ese órgano ten xurisdición no territorio no que o catalán é lingua oficial.
Mais, que as cousas sexan así desde o punto de vista xurídico non significa que vaian resolver neste senso os órganos xurisdicionais!
Por outra banda, é de agradecer que o avogado dos acusados impugnase a conduta delituosa (art. 542 CP) do xulgador. Cousa que na Galiza évos mala de ver. Aquí estanvos moi pendentes de cobrar!
Coño...meu can colleu unha mosca!
Por outra banda:O do sr xuiz non entra dentro da figura da prevaricación:iñorancia inexcusable?Iura novit curia!!!
En Madrid en castelán e en Cataluña en catalán,así de faciliño.Se o estado quixo xulgar a estes rapaces tiña que facelo na súa Nación,é dicir Cataluña,e en catalán,así de faciliño.Ademáis,neste estado queimar unha figura do rei da España é como debuxar a Mahoma nos países árabes.O mesmo atentado á liberdade de expresión.