Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
ATA O 25 DE MARZO

Aberta a inscrición para as probas do CELGA en Barcelona

A Xunta de Galicia convoca as probas para a obtención dos Certificados en Lingua Galega en varios niveis.

Filoloxía Galega da UB - 21:45 13/03/2008

Para o ano presente ano 2008 están previstos dous períodos de exames para cada un dos niveis de lingua vixentes, Celga 1, 2, 3 e 4. O primeiro terá lugar entre maio e xuño e a inscrición está aberta ata o 25 de marzo de 2008. A segunda convocatoria será entre novembro o decembro e a inscrición é posible ata o 19 de setembro de 2008. En Barcelona as probas terán lugar na Facultat de Filologia da Universitat de Barcelona coa colaboración do lectorado de galego adscrito a este centro.

Os certificados en lingua galega (Celga) son os certificados acreditativos do niveis de coñecemento da lingua galega que establecidos pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e que entraron en vigor o pasado mes de xullo en substitución dos antigos niveis de Galego Básico, Iniciación e Perfeccionamento. Este novo sistema está deseñado consonte ás orientacións de contidos e avaliación establecidas polo Consello da Unión Europea para todas as linguas da comunidade.

Para máis información sobre o proceso de inscrición e o desenvolvemento das probas pódese consultar a convocatoria oficial dos exames no Diario Oficial de Galicia ou a páxina web de Filoloxías Galega e Portuguesa da Universitat de Barcelona.


2.8/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: