Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Comicios locais en Francia

Os socialistas furan no poder de Sarkozy e saen reforzados das municipais

Agás Marselha, todas as grandes cidades estarán gobernadas pola esquerda.

Redacción - 09:00 17/03/2008
François Hollande, líder do PSF

François Hollande, líder do PSF

"Pode que a primeira remodelación que teña que facer sexa a del mesmo, o seu comportamento e as súas formas", recomendoulle ao actual presidente francés, Nicolás Sarkozy, o secretario xeral do Partido Socialista Francés, PSF, François Hollande. "Se a esquerda sae maioritaria destes comicios, a conclusión do presidente debera ser corrixir a política que levou a cabo nestes dez meses", argumentou Hollande.

Segundo a tamén socialista e ex candidata á presidencia derrotada por Sarkozy hai poucos meses, Ségolène Royal, o actual executivo controlado pola dereita debería comezar por renunciar ás medidas fiscais "inxustas" xa introducidas, e ás previstas.

Por escasa diferencia, Marselha será a única gran cidade que os conservadores gobernarán. A capital, París, continúa co socialista Bertrand Delanöe á fronte.

Poden ampliar en:


0/5 (0 votos)


Comentarios (1)

ecoe #1 17/Marzo/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O social liberalismo posmiterrandista é ESQUERDA??? AAAHHH¡¡

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: