O festival de documentais de Tui remata a súa cuarta edición cun grande éxito público, que chegou aos 5.000 espectadores
Cinco días, documentais, curtas, longas, concertos, bo ambiente e máis de 5.000 espectadores describen a cuarta edición do Play-Doc de Tui que o domingo deu por clausurado o festival coa presentación dos proxectos realizados no concurso Play-Avid.doc e a entrega de premios do certame.
O xurado galego, conformado por Pepe Coira, Daniel Domínguez e Eduardo Galán, decidiu premiar ao director Eloy Enciso pola súa obra Pic-Nic, na categoría de mellor documental galego, polo seu "rigor na construción dun dispositivo cinematográfico que nos permite achegarnos a momentos de vida que, de outro modo, a cámara non sería capaz de atrapar".
Na sección de longametraxes, foi o filme camboxano "O papel non pode envolver a brasa", de Rithy Pan, o que se fixo co primeiro premio grazas á súa "mirada crítica" e á "construción fílmica", segundo indicaron os membros do xurado internacional, formado por Jaime Pena, Karolina Bendera, Jaime Nieves, Carlos Jerónimo e Marta Andreu. Neste filme, o director recrea a vida dunha prostituta ao tempo que narra o proceso de destrución espiritual e física que sofre.
Por último, no apartado de curtametraxes o premio, dotado con 2.000 euros, recaeu n'O xastre, unha obra de Óscar Pérez galardoada pola súa "contundencia fílmica".
Novos talentos audiovisuais
O Play-Doc estase a converter nun dos mellores escaparates para mostrar o talento dos novos artistas audiovisuais galegos. A través do concurso Play-Avid.doc, o festival tudense ofrece aos novos realizadores a posibilidade de crear unha obra, de non máis de catro minutos, durante os catro días que dura o festival sobre un tema común para mostralo ao público asistente no último día do certame.
Os gañadores foron Diana Gonçalves de Tui, e Miguel Barbosa, de Allariz, polo seu traballo Trapicheiras, outorgado polo público do festival e que suporá a conversión do seu traballo nun documental de longa duración. Partindo da interpretación da palabra "camiño", premisa para todos os grupos seleccionados para este concurso, e en catro minutos, estas dúas promesas do noso audiovisual contan a historia das "trapicheiras" e da ruta que realizaban a través da fronteira entre Galiza e Portugal.
E xa quixeran TER IDEIAS moitas alcaldías das grandes urbes (PO, sin ir máis lonxe)
Ecoe, non te esquezas de Santiago, A Coruña, Lugo, Ourense, Ferrol... a demagoxia sobra, q hai moita en todos os lados...
A verdade é que é un luxo para unha poboación do tamaño de Tui ter un acontecimento como Play-Doc. Pero nada que ver coa alcaldía desa cidade e menos coas IDEAS da mesma. as únicas ideas que ten a alcaldía é acrecentar a bolsa. O mérito de Play-Doc é dos seus directores, Angel e Sara. Eles si que teñen ideas, e traballo, moito traballo con, xunto con saber facer. Se mañá decidisen levar o festival, digamos para Guadalaxara, poderían facelo porque o traballo do concello de Tui nesta "película" é practicamente cero.
Concordo con Surenho, a idea non foi en absoluto do concello, todo se debe á iniciativa de Anxo e Sara apoiado por un grupo moi dinámico de voluntarios. Mais poderiamos dicir, a pesar do alcalde, hai algo que se move en Tui, o alcalde, Xunta, etc xa se suman ao carro cando o ven consolidado nunca antes.
Poderiamos falar muito sobre un dos alcaldes mais corruptos de Galicia, que xa é dicir, para mostra un botón, praticamente todos os terrenos de expansión da cidade son propiedade del o do seu fillo, paralizou a petición conxunta de declaración de Tui-Valença como patrimonio da humanidade por que contradiria os seus intereses urbanísticos.
Outro exemplo do seu amor á cultura é que a sinalética do casco vello está integramente en español. E despois resulta que convidaron a este individuo tanto a RAG como a Consellería de Cultura á conmemoración dos primeiros xogos florais de Galicia e todos tan contentos.
Polo do tamaño non concordo, Tui é pequeno pero por história, ubicación perto de Vigo e no corazón do eixo atlántico, e importancia monumental pode ser unha das capitais culturais de Galiza, por certo temos o teatro mais antigo de Galiza, en ruinas grazas ao ínclito alcalde. Ademais se o xuntamos a Valença estamos a falar de 35.000 habitantes e creo que cando estamos a falar de cultura poderíamos facelo así, a distancia e dun quilometro menos que o que hai do campus sur ao norte en Santiago. Co valor engadido do carácter internacional.
Non tiña ningunha intención de adxudicar a alcaldía algunha o éxito, e menos á de Tui que é ben coñecida. Escrebín "ben polos de Tui" aludindo a quenes o montaran (grupo ou individuos).
Mais a obriga cultural téñena as alcaldías e non, xa que logo, caijagalicia ou Caixanova de odres vellos.!