Oskorri, Manecas Costa, Bonovo, Serra-Lhe Aí ou Cuchufellos acompañarán as actividades da festa gastronómica.
Panxea é unha feira multicultural na que o pan acaba converténdose nunha excusa para a música e os concertos, caracterizados pola mestizaxe e a convivencia entre ritmos de Galiza, Euskadi, Guiné Bissau, Uruguai, Arxentina ou Cuba. A festa celebrarase os días 20, 21 e 22 no interior dunha carpa instalada no aparcadoiro do Centro Comercial Bergantiños de Carballo. A celebración estará amenizada pola presenza nas rúas de agrupacións musicais como os candobeiros de Comparsa Lubola, ou os grupos locais Fol de Veneno e Raza Loba.
Xunto á música, que cobrará protagonismo polas noites, pero que estará presente ao longo de todo o día, unha exposición amosara os valores do Pan de Carballo, e poderanse ver e mercar un amplo conxunto de produtos de comercio xusto, agricultura ecolóxica e artesanía. Estes espazos estarán abertos de 11 a 14 horas, e de cinco a oito da tarde.
Programa de concertos
Xoves 20
18.00 Unha viaxe de ida
Los Tempraneros (música tradicional latinoamericana)
Alicia y Rivera (tango)
Habana (música tradicional cubana)
21.00 Unha viaxe de volta
El Ceibo (baile tradicional uruguaio)
Diego Verardi (cuarteto rioplatense)
Pablo Bicho (cuban latin fusion)
Venres 21
22.00 Festival Panxea Raíces
Sérra-lhe Aí + Ventos Viciosos
Oskorri
Cuchufellos
Sábado 22
22.00 Festival Panxea Global
Ruote
Manecas Costa
Bonovo
Un aplauso para Oskorri. Onte, en Carballo, glorioso.
Parece mentira, o que nos custa que a xente de aquí se exprese na nosa lingua, e chegou el, dende Euskadi, e presentou TODA a súa actuación en galego. Aínda que tivo que ser coa axuda dunha "chuleta", o esforzo merece un dez.
Por certo, gloriosa a frase coa que se "xustificou": mellor un mal galego que un bo castelán ou un bo portugués.
UM BO GALEGO E UM BO PORTUGUES COM DISTINTA PRONUNCIA...Se es catalam ou ingles e dis algo em galego ou portugues e indistinguibel...como o
UM BO CASTELHANO E UM BO ANDALUZ COM DISTINTA PRONUNCIA...Se es catalam ou ingles e dis algo em castelhano ou andaluz e indistinguibel
UM BO FLAMENGOE UM BO NEERLANDES COM DISTINTA PRONUNCIA...Se es galego ou espanhol e dis algo em flamengo ou neerlandes e indistinguibel