Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Despois de ver como mingua o apoio ao PP

"Non hai nada máis urxente", di agora Feijoo da reforma do voto emigrante

O PSdeG convídao a facer presión en Madrid "se ten tanta presa".

Redacción - 09:00 18/03/2008

A caída á segunda posición en canto a votos e con apenas o 34% dos sufraxios que rexistrou o PPdeG na última cita electoral entre a emigración, parece acelerar agora a vontade dos populares galegos de reformar dunha vez por todas o sistema de voto dos emigrantes.

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, solicitou este luns que os grupos parlamentarios se reúnan en breve en comisión de estudio para a reforma do voto emigrante. Segundo Feijoo, "non hai nada máis urxente" que garantir o "voto en urna" dos galegos na diáspora para as próximas eleccións galegas.

Feijoo facía o requirimento despois de que o seu propio grupo parlamentario se reunise para analizar os resultados obtidos na emigración. Así, e segundo a reflexión do PPdeG, a ampla vitoria do PsdeG baséase na "actuación excepcional" da que acusan de desenvolver na emigración tanto ao goberno español como ao PSOE. "Despregaron medios humanos e materiais sen antecedentes en democracia", denunciou Feijoo.

O PSdeG convídao a pedirlles ao PP que se movan

En resposta a Feijoo, o voceiro do PSdeG no Parlamento, Ismael Rego, recomendoulle a Feijoo que "se ten tanto interese" en reformar o voto emigrante presente unha proposición en Madrid para levalo a cabo porque é "moito máis rápido que facelo en Galiza".



O deputado socialista sinalou que responderán á proposta do PP en canto a presenten, aínda que lle advertiu de que, "se ten tanto interese e en Madrid lle fan algo de caso", presente a iniciativa directamente no Congreso por medio do Grupo Parlamentario do PP.


5/5 (2 votos)


Comentarios (8)

taranbaina #1 18/Marzo/2008 taranbaina

tarde piaches (outra vez)

Sheamais #2 18/Marzo/2008 Sheamais

Agora, que non gañades, o sistema non vos gusta... Polo interés querote Andrés?

casacu #3 19/Marzo/2008 casacu

ainda non entendo como alguen cre a esta panda de mentireiros, agora veñen con estas, despois de anos facendo as americas, votando mortos e os netos destes q nin sequera saben o q e galicia.
mandalle o carallo!! panda de porcos

BonKarallan #4 19/Marzo/2008 BonKarallan

É que ao PP en América só pódeno votar os mortos.

rockandroll #5 22/Marzo/2008 rockandroll

este país está em maos de gente patética...

kelsen #6 23/Marzo/2008 kelsen

AILALELO

Tino #7 25/Marzo/2008 Tino

Pois boicote tamén: o PP kere reforma do voto emigrante? Se o kere q pacte tamén o estatuto e os grandes temas q pensa boicotar.

Roquinho #8 25/Marzo/2008 Roquinho

Cando esta panda de gaiteiros se dan conta de que como eles xa sabian, o sistema do voto emigrante é totalmente manipulable, pero agora eles non teñen a capacidade para manipulalo, é cando lles entran as presas para que se reforme. Non perseguen ningunha mellora democratica do voto, so lles preocupa non poder manipulalo eles. Pero é bo que se pidan cousas lóxicas, como a limpeza do voto emigrante, ainda que as razóns sexan escuras. Avanzamos.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: