Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Mentres expulsan os xornalistas da zona

Escasa presión internacional a China para frear a violencia sobre os tibetanos

A Comisión Europea pídelle "moderación ás dúas partes". Italia, Holanda ou Canadá, entre os países que critican o proceder chinés.

Redacción - 10:45 18/03/2008

"Estamos moi preocupados polos sucesos do Tíbet, e estamos facendo un chamamento para a moderación en todas as partes", afirmou Christiane, Hohmann, voceiro da comisión de relacións exteriores da Unión Europea. "Iso significa que lle pedimos moderación ao goberno chinés na súa reacción contra os implicados nos disturbios, pero tamén lle pedimos aos manifestantes que desistan da violencia", comentou Hohmann en representación da posición da UE, engadindo ao final que a UE tamén desexa que as autoridades chinesas "non usen a forza contra os manifestantes pacíficos".

A frouxa posición da UE foi criticada polos representantes en Europa da Campaña Internacional polo Tíbet. O seu voceiro, Vincent Metten, reprochoulle á Comisión Europea que fixese "igualmente responsábeis" a chineses e tibetanos e evitase a condena da belixerancia de China sobre os manifestantes.

A tibia reacción da UE é exemplo da posición internacional mantida maioritariamente estes días. Entre as posturas máis firmes aparece a do goberno canadense, que comunicaba este luns estar "alarmado pola deterioración da situación, incluídos os crecentes informes de violencia". "Chamei ao goberno chinés instándoo a respectar o dereito dos tibetanos a protestaren pacificamente e a tomaren pasos para mellorar a situación dos dereitos humanos no Tíbet", dixo o ministro de Exteriores, Maxime Bernier.

Italia e Holanda convocaron os respectivos embaixadores chineses. No caso italiano, o ministro de Exteriores, Massimo D'Alema, pediulle a China que "acabe coa represión e escolla o camiño do diálogo". En Holanda, o ministro de Exteriores, Frans Timmermans, reprochou os "moitos asasinatos" que se estarían producindo.

Ao tempo, coñécese que China está expulsando da zona os xornalistas internacionais e suspendendo os permisos para viaxar polo Tíbet.


3,67/5 (3 votos)


Comentarios (5)

Sabrexo #1 18/Marzo/2008 Sabrexo

Que presionen a China se é preciso, mais que non recoñezan a lexitimidade dun ditador teocrático escravista como o Dalai Lama.

http://www.rebelion.org/intern...

Reboirassempre #2 19/Marzo/2008 Reboirassempre

TIBET CEIBE!
Viva a autodeterminación dos pobos!

Anti_Lusista #3 19/Marzo/2008 Anti_Lusista

"Que presionen a China se é preciso, mais que non recoñezan a lexitimidade dun ditador teocrático escravista como o Dalai Lama."

Vas listo, porque eles precisamente o que queren e a volta do Dalai Lama.

Infidel #4 19/Marzo/2008 Infidel

O feito de que a independencia do Tibet conveña á estratexia dos EUA de cara a debilitar a China pola vía das contradicións internas(cousa que sucederá sen remedio dada a enorme diversidade xeográfica, étnica e cultural que soporta ese enorme pais) ocultas detrás da dictadura perpétua que se vive alí, non debe impedir que sexamos coherentes e defendamos a soberanía dun país que, historicamente, gozou/sofriu esa realidade política.

COUTOVEN #5 20/Marzo/2008 COUTOVEN

Quen pode entender. Se USA invade a Iraq é imperialismo. Se China somete ao pobo do Tíbet. Non é imperialismo tamén?

Cando a Motorola ten unha fabrica en USA ou México e os seus traballadores ponse en folga por reivindicacións sociais. Dicimos, explotadores, capitalistas e vampiros. Cando a propia Motorola monta unha fabrica en China e págalles aos traballadoras, metade de soldo, con xornadas inhumanas e practicamente sen seguridade social. Como se cualifica isto? Onde están as voces críticas e reivindicativas dos supostos socialistas?

Un socialismo que non defenda aos traballadores. Estean onde estean. Non é socialismo. Iso é hipocrisía, é un quítache ti para porme eu.

Xa vemos que China se está pondo os pantalóns longos. E como a potencia que é. Abusase doutros en función dos seus intereses do mesmo xeito que todas as potencias que foi e vindo na historia da humanidade.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: