Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Ao terminar a tempada

As protectoras galegas denuncian o abandono masivo de cans de caza

Lamentan que sexa "unha tendencia" que se repite ano a ano nos meses de febreiro e marzo, mais tamén comezando o período, en outubro, novembro e decembro.

Redacción - 10:00 19/03/2008
Iñaki, no refuxio de animais de Ponteareas / Imaxe: http://www.colectivoanimal.com/

Iñaki, no refuxio de animais de Ponteareas / Imaxe: http://www.colectivoanimal.com/

O presidente da Unión de Protectoras de Animais Federadas de Galiza e responsábel da sociedade protectora de Lugo, Javier García Calleja, denunciou esta terza feira o "abandono masivo" de cans empregados na caza, unha vez que termina a tempada.

Segundo dixo García Calleja, este feito xa se ten convertido nunha tendencia que se repita ano tras ano en febreiro e marzo, mais tamén en comezos da tempada (outubro, novembro e decembro), cando os cans son abandonados porque os cazadores consideran que xa non lles serven.

Control nas identificacións dos cans

O presidente da Unión de Protectoras de Animais Federadas de Galiza tamén lamentou o "pouco control" que existe sobre os chips de identificacións que debe levar, obrigatoriamente, este cans, ou que, aínda estando identificados, non estean dados de alta no rexistro de animais domésticos, o que lles permite aos seus donos desfacerse deles en canto o desexen, ao tempo que evitan ser localizados.

As protectoras galegas piden, neste sentido, a axuda das administracións para que non se repitan estes feitos.


4.33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: