Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Cinco mortais

Só en febreiro houbo 4.730 accidentes laborais, 1.213 máis có mesmo mes de 2007

A Consellaría de Traballo informou este sábado das cifras oficiais no noso país. No mesmo mes do ano pasado, o número de sinistros foi de 3.517.

Redacción - 12:48 22/03/2008

Galiza rexistrou, durante o pasado mes de febreiro, un total de 4.730 accidentes laborais -un in itinere (no camiño a ou dende o traballo)-, dos que cinco tiveron resultado de morte.

A Consellaría de Traballo presentou este sábado os datos, subliñando que o número de falecementos reduciuse en un respecto ao ano pasado.

Porén, cómpre sinalar que o total de accidentes aumentou con respecto aos 3.517 de febreiro de 2007. Ademais, este ano houbo 69 de carácter grave, fronte aos 64 do pasado ano.

Estes últimos descenderon na construción, mantivéronse na pesca e incrementáronse na agricultura, na industria e nos servizos.


5/5 (3 votos)


Comentarios (3)

ecoe #1 23/Marzo/2008 ecoe

Mais non se reduciron pola presión da inspección, senón apenas polo azar e uns cursiños.

Mais a realidade é moi outra, sobre todo no tallo.

xacataca #2 24/Marzo/2008 xacataca

A que agarda o señor Ricardo Varela para presentar a súa dimisión?


#1 Que redución, ecoe?

ecoe #3 24/Marzo/2008 ecoe

A que insinúa ou afirma a noticia

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: