Porén, advertiu que non están dispostos a un "pacto de rebaixas nin a un "estatuto cepillado".
Urkullu, este domingo / Foto: EiTB
O presidente do Euskadi Buru Batzar (órgano executivo) do PNV, Íñigo Urkullu, dixo estar disposto a "asinar" un "bo acordo singular" co PSOE, aínda que EA ou a esquerda abertzale o acusen de "vender Euskadi".
No acto político que o PNV realizou este domingo en Bilbo con motivo do Aberri Eguna Bilbao, o Urkullu recoñeceu que as eleccións deixaron no partido mal sabor de boca e confesou que "o PNV está disposto á negociación". Porén, advertiu que non están dispostos a "un pacto de rebaixas" ou a un "estatuto cepillado".
Previamente, o lehendakari Juan José Ibarretxe reiterou a necesidade de dar un salto cualitativo como pobo xa que, segundo dixo, "se alguén cre que a vontade do pobo vasco se vai diluír na española, equivócase".
Veremos a ver onde quedan as conviccións soberanistas do señor Ibarretxe, á hora de pactar en Madrid. A estas alturas, estase a producir unha loita de rebaixas entre o PNV e CiU, a ver quen vende máis barato o seu apoio a ZP. Simplemente patético. O peor é que dende aquí queren ser coma eles. Pero non nos enganemos. Eles foron, son e serán de dereitas, antes que nacionalistas.