Avogada do Colexio de Pontevedra, coñeceu de primeira man o 'funcionamento' do sistema xudicial marroquí. Mentres, continúan as negociacións entre as partes.
Said El Baillal
A principios deste ano, o tribunal de apelación de primeiro grao de Rabat (Marrocos) condenou a Said El Baillal, profesor da Universidade Mohamed VI e membro do Comité de Defensa do Dereito de Autodeterminación do Pobo Saharauí (CODAPSO), a oito meses de prisión e a unha multa de 500 dirham (uns 50 euros ao cambio, mais moito máis a nivel adquisitivo)
Rosana Navarro, avogada do Colexio de Pontevedra e observadora voluntaria, viaxou o pasado mes de xaneiro a Rabat, formando parte dunha delegación do Observatorio de Dereitos Humanos do Colexio de Avogados de Badaxoz -un organismo moi activo no conflito do Sáhara Occidental-, para comprobar que se cumpría a legalidade durante este proceso xudicial.
"Que declarou", contesta Navarro preguntada polo máis destacado do xuízo a El Baillal, detido por participar nunha manifestación pacifica. "É algo totalmente inusual nos procesos contra saharauís que o acusado declare", recoñece.
Aínda que a condena "non está nada mal para ser saharauí", a tamén socia de Solidariedade Galega co Pobo Saharauí afirma que "dende o principio houbo unha violación dos dereitos humanos" neste caso, que "puido ser moito peor de non estar nós alí".
Importante labor dos observadores
"A presencia de observadores internacionais nos xuízos a saharauís cumpre un importantísimo labor, xa que permite que se reduzan as violacións neste tipo de procesos políticos", considera, e critica que a Misión das Nacións Unidas para o referendo do Sáhara Occidental (Minurso) non sexa o que leve a cabo con eficacia esta función.
El Baillal foi condenado por "manifestación armada", "desobediencia", "golpes e feridas a funcionario durante o exercicio da súa función", "destrución de bens públicos" e "posesión de material combustible", segundo recolle o auto xudicial.
Porén, Rosana Navarro asegura que tanto as probas como as dúas testemuñas que o acusaron de ser o organizador da manifestación en que o detiveron foron obxecto de manipulación, e que a protesta, levada a cabo hai case un ano, foi pacífica.
Golpes, correntes eléctricas...
"As torturas son reais", confirma a letrado. "A detención de El Baillal foi agresiva e no tempo que estivo detido as torturas foron constantes", engade: "Os golpes, as correntes eléctricas ... son habituais, ademais da incomunicación á que os someten".
Por outra banda, Rosana Navarro confirma que a delegación de observadores estivo controlada polas forzas de seguridade marroquís dende o primeiro momento. "Cando chegas adxudícanche un número, e escriben un comentario ao seu lado", di. Ademais, confesa: "Un coche seguiunos en todo momento. Fixéronnos fotos. E o día que marchabamos, mesmo os taxistas non nos querían levar ao aeroporto".
A pasada quinta feira, Marrocos e a Fronte Polisario mantiveron en Manhasset (Nova York) unha nova xuntanza -a cuarta- ao abeiro da ONU, co fin de estabelecer un novo status para o Sáhara Occidental. Representantes de Mauritania e de Alxeria estiveron presentes na reunión. As partes acordaron continuar coas negociacións, informa a axencia internacional de noticias Afrol News.
As torturas son sempre reais: basta con escoitalas ou leélas. Ninguén pode inventar nin levar adeprendida unha descripción de ese tipo.
É unha vergoña descomunal seguir a calar (€P, LVG, €M, etc.) e manterse silenciando, por intereses económicos, estas realidades sobre as calamidades marroquinas sobre a población saharaui (e mesmo sobre a marroquina)
A ver si se forma un colectivo galego de advogados
As torturas son sempre reais: basta con escoitalas ou leélas. Ninguén pode inventar nin levar adeprendida unha descripción de ese tipo.
É unha vergoña descomunal seguir a calar (€P, LVG, €M, etc.) e manterse silenciando, por intereses económicos, estas realidades sobre as calamidades marroquinas sobre a población saharaui (e mesmo sobre a marroquina)
A ver si se forma un colectivo galego de advogados
Grazas pola información. Eu pensaba que eran virtuais.
Boicot aos XX.OO. en Marrocos.
Cumpría máis xente como Said El Baillal e Rosana Romero en Galiza e menos carallán.
Desde que España regaloulle o Sahara a Marrocos en 1976, non sei si por medo á famosa marcha verde ou por quitarse un problema de encima, os saharauís sofren un auténtico acoso por parte de Marrocos, co permiso da ONU, EE.UU, OTAN...
Parece incrible como nos queren vender a moto de que era necesario eliminar do mundo a un ditador como Sadam Hussein e permítese a outros ditadores oprimir a pobos enteiros, como é o caso dos kurdos por Turquí e dos saharauis por Marrocos.
A razón destes paradoxos é simplemente que nestes países non hai petróleo e as súas "riquezas" están a disposición de EE.UU. Bases americanas...