Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Posíbel localización alternativa para a celulosa

"Sería unha opción, se á empresa lle vale", di Vázquez do traslado de Ence ás Pontes

O conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, promete que en datas "moi próximas" haberá noticias "moi importantes" sobre o complexo Ence-Elnosa, aínda que "non concluíntes".

Redacción - 09:00 24/03/2008

"Eu creo que con relación a Ence-Elnosa, imos intentar acurtar ese prazo de 2018, e eu espero que en datas moi próximas vai haber noticias moi importantes, non concluíntes, pero si un salto cualitativo importante, que será bo para a empresa, para os traballadores e para os cidadáns". Así o explicaba este domingo o conselleiro de Medio Ambiente, o socialista Manuel Vázquez, para os micrófonos da Cadena Ser.

Vázquez admitiu que o único claro é que a Ría de Pontevedra estará "libre de empresas contaminantes" na altura do ano 2018, pero non aclarou o momento no que se encontra a procura de localizacións alternativas para que esa saída da ría se produza antes. Con todo, asegurou que se está traballando "no bo camiño" e afirmou que "hai perspectivas bastante razoábeis". "As situacións alternativas téñenas que buscar as empresas", dixo, "pero todos queremos que se queden en Galiza". Preguntado polo posíbel traslado do complexo industrial até o Concello d'As Pontes, o conselleiro explicou que "sería unha opción se á empresa lle vale", estremo no que, advertiu, aínda quedaría pendente analizar ambientalmente a súa viabilidade".


5/5 (1 votos)


Comentarios (3)

ecoe #1 24/Marzo/2008 ecoe

A técnica de ENCE-ELNOSA é inviable ecolóxicamnte, mediambentalmente, socialmente, urbanísticamente, etc.

Panchiño debera instalala ó pe da sua casa.

pampeiro #2 25/Marzo/2008 pampeiro

Os veciños dAs Pontes poderían ¨contratar¨ ós manifestantes ecoloxístas arxentinos de Entre Ríos que conseguiron desplazar a ENCE dentro do Uruguai.

Carballo #3 27/Marzo/2008 Carballo

Supoño que o conselleiro quixo dicir se á empresa e AOS VECIÑOS de As Pontes parécelles ben. Que lea a Lei Seveso III, artigo 12 e 13

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: