Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Comparecencia no Parlamento

Para o Valedor seica hai lugares onde se debe "potenciar" o castelán

"A lingua discriminada neste país é a galega", recórdanlle PSdeG e BNG ao representante da institución.

Redacción - 09:00 25/03/2008

O Valedor do Pobo, Benigno López, xa dera mostra anteriormente dunha frouxa sensibilidade cara a lingua do país, nunha polémica iniciada en declaracións a un medio de comunicación e con reflexións nunca corrixidas, malia as reiteradas peticións de diversos colectivos e formacións políticas.

Este luns, na súa comparecencia no Parlamento, na Comisión de Peticións, Benigno López deu mostra unha vez máis da súa posición respecto da cuestión lingüística. Na súa opinión "haberá que potenciar o galego naqueles lugares nos que o castelán prime e á inversa, sen imposicións". A continuación, López dixo estar a prol de que calquera cidadán "poida optar libremente pola utilización dun ou outro idioma". "Ogallá poidamos potenciar o francés, o alemán e o inglés", engadiu.

Diante da súa posición, Francisco Cerviño, que interviña na comisión en representación do PsdeG, lembroulle ao Valedor que "neste país a lingua discriminada é a galega". No mesmo sentido se pronunciou o representante do BNG, o deputado ourensán Iago Tabarés, quen engadiu ademais que a institución do Valedor do Pobo debera mirar polas reclamacións en materia lingüística, tradicionalmente desatendidas.


2,59/5 (17 votos)

Comentarios (36)

Sabrexo #1 25/Marzo/2008 Sabrexo

O Valedor non acudirá á histórica manifestación pola lingua, mágoa.

croiosdetector #2 25/Marzo/2008 croiosdetector

Paleto

AGIL #3 25/Marzo/2008 AGIL

O "Valedor do 'pueblo'" é bom funcionário do reino bourbónico, como o foi o ex-presidente e ex-delegado do "gobierno de la nación", Domingo García Sabell, como foi o ex-fundador e ex-director do "Instituto de la Lengua Gallega", como os são os atuais "dueños" do "gallego normativo"...
Todos eles conhecem e sabem qual e quanto é o "proyecto nacional" do reino bourbónico e, com lógica de bons funcionários, levam-no adiante com os meios que esse reino lhes deu e dá: a "Constitución" (1978), sagraga, imutável, virgem... concebida sem mancha, o Estututo de Autonomía para Galicia (1980/1981), bem harmonizado com a "Constitución"; a "Ley de Normalización Linguística" (1983) e a legislação dessas normas derivada.
São consequentes; conhecem o que fazem e sobretudo sabem onde é que estão e com quem ou sobre quem devem agir.
Os inconsequentes são os que esperam (!!!!) desse reino bourbónico a salvação (!!!!) do Galego sem se salvarem eles: Salvem-se as pessoas e ficarão salvadas as suas pertenças...
A quem pertence hoje o Galego ou o "galego", que nem os salvadores sabem que é o que é... É "língua extensa e útil", como queria e dizia Castelão (Sempre em Galiza, passim), ou é só e em exclusivo "lengua autonómica" ou "autonomizada" ou simplesmente "atomizada", como insistem todos os "notables españoles", os citados e outros que não citei, mas que são bem conhecidos de todos?
(Da parte dos senhores do PSOE ou do PP ou ... pode esperar-se qualquer cousa em prol do Galego ou mesmo do seu "galego normativo"?)

Sabrexo #4 25/Marzo/2008 Sabrexo

Tomémolo mellor de xeito positivo, o Valedor vén dar cobertura á promoción intensa do galego nas zonas urbanas de Galiza.

manhoca #5 25/Marzo/2008 manhoca

pero onde é que vive iste"personaxe"...é imposible vivir 24 horas en galego neste país sen ter que atoparte con estes calamidades,para que logo falen de bilinguismo armonico e democracia...jajaja

Xistral #6 25/Marzo/2008 Xistral

Merdeiro é ben pouco para definilo.

rockandroll #7 25/Marzo/2008 rockandroll

Este senhor está aí polos votos do BNG e o PSOE. Os responsáveis dessa errónea eleiçom, já sabem o que tenhem que fazer.

AGIL #8 25/Marzo/2008 AGIL

Insisto: É um excelente funcionário do reino bourbónico e ao serviço dele (do reino e talvez, de passagem, de si...), como foram e são bons funcionários, de carreira ou, sobretudo, políticos, os que acima citei. Não exijam peras aos ulmeiros: O projeto e processo nacional/izador do reino bourbónico inclui a eliminação ou abatimento de "las demás lenguas espaÑolas". Nunca o reino nem os seus funcionários políticos (e a maioria dos outros) promoverão nenhuma das Comunidades Linguísticas diversas (e oponentes) da castelhana. Abram os olhos, meus amigos.

UnDeTantos #9 25/Marzo/2008 UnDeTantos

Os que tanto falades aquí de respetar a lingua galega o primeiro que deberiades facer é falalo e escribilo,que aquí GALEGO leese bastante pouco...

AGIL #10 25/Marzo/2008 AGIL

UnDeTantos, sei que dizes isto pelos que escrevemos Galego correto e não deturpado pelo castelhano. Devolvo-che o conselho, isso sim, com todo o meu respeito.
(Ah, conste que eu não disse nada do que tu sim dizes ... ou insunuas.)

ecoe #11 25/Marzo/2008 ecoe

Eu non concordo en que non sexa sensible o malchamado "valedor" - VALER VALE, MAIS NADA PARA O POBO, SÓ PARA A MINORÍA MINORITARIA-: éo e en demasía do castelán, é un auténtico NACIONALISTA €$PAÑOL (claro) e absolutamente sensible á presencia do galego: seica prima SIN IMPOSICIÓNS!!

mil #12 25/Marzo/2008 mil

Concordo com rockandroll. Os responsáveis da funesta eleiçom deste suposto valedor som o Psoe e o Bng. Nomeadamente o Bng nom aprendeu na negociaçom do reparto de conselharias (deixando as sensíveis no eido normaliçador nas maos dos que a priori tinham um interesse mais bem espúreo no tema) que tivo que recuncar quando foi a do valedor. Quando cheguem as eleiçons galegas terá o Bng que asumir que han trocar a estrategia negociadora e deixar claro por onde nom ham passar numha negociaçom co psoe, se nom querem ter umha fuga do voto nacionalista cara outras organizaçons.

edreira #13 25/Marzo/2008 edreira

E van xa....... ¿cantas?.....Señor Valedor.....
Coido que vostede non vive a realidade do noso pais e da nosa lingua......A dimisión é unha boa saída Señor Valedor...

Roquinho #14 25/Marzo/2008 Roquinho

Triste un pobo que ten como o seu valedor un individuo que é incapaz de respecta-la lingua propia, que ten preocupacións por unha lingua allea, forte e impositiva, por persoas que manipulan facendose as victimas cando sempre e en todo lugar foron e son sempre verdugos. Un valedor do pobo debe valerlle o pobo indefenso, e ter un pouco mais de responsabilidade no que di, lembrando o posto que ocupa, un goberno responsable non pode nin debe permitir que un individuo desta caste represente unha institución coma esta.

Gaias #15 25/Marzo/2008 Gaias

Mais quixeramos moitos que isto fose unha realidade. E decir que se introducira o galego en ambitos donde non ten presenza coma o empresarial, a xustiza, medios de comunicacion, guardia civil,etc.
Pero dame a min que o Valedor aposta mais por introducir o castelan donde se fala galego, que viceversa.
Se o que queremos moitos e que o galego este en IGUALDADE co castelan, que por desgraza, logo de anos de desprestixio e persecuccion, ademais dun ensino castelanizador, atopase en clara desventaxa, sobre todo nas cidades.
E ainda temos que escoitar a politicos, medios españolistas e plataformas falar de "IMPOSICION DO GALEGO" ou "CASTELAN DISCRIMINADO". Os unicos discriminados en Galiza somos os galegofalantes, que nin na propia terra podemos ter unha vida en galego.

Gaias #16 25/Marzo/2008 Gaias

Os galegos sempre estaremos na cola do estado en todo. Agora entendo pq a RAE nos define coma "tontos" e ninguen protesta por elo.
Somos a terra do autoodio, da sumision de servir o cura e cacique.
Se nos non defendemos o noso non van vir de fora a defender e falar a nosa lingua. E pobo que renega do seu e un pobo sen futuro, que non den nada que ofrecer a este mundo globalizado, que non merece ser respetado polos de fora, pq nin el mesmo se respeta a si mesmo.
Dentro de pouco ate imos ter que pedir permiso os galegos para poder vivir na nosa terra, tocar a gaita, comer marisco,etc. Non vaia ser que se molesten en Castela, ou sexa un motivo diferenciador que rompa España.
Curiosamente a dereita española fala de imposicion do galego cando eles non gobernan, pero o mesmo ensino en Valencia e Baleares non e imposicion do catalan. Pero si en Galiza se eles non gobernan.

subela #17 25/Marzo/2008 subela

Pero como é posíbel que este individuo sega a ser o Valedor do Pobo, dende que tomou posesión do cargo non fai máis que dicir barbaridades do galego

LOIS_DE_SILAN #18 25/Marzo/2008 LOIS_DE_SILAN

Este iusanalfabeto évos mellor que estea de Valedor que de maxistrado!

Os responsábeis desta aberración non merecen estar representando os galegos no Parlamento da Galiza!

xoselado #19 25/Marzo/2008 xoselado

Este señor foi nomeado co apoio UNÁNIME das tres forzas políticas do parlamento e segue no seu cargo porque así o queren as tres forzas do parlamento.Que di o BNG a esto? Por que apoiou a este home?Entrevistouse con el para saber que opinaba sobre este tema ? e sobre outros, pode poñer o BNG a man no fogo por el?

sozinho #20 25/Marzo/2008 sozinho

Podemos compartir ou non (máis ben non) as súas opinións políticas, pero este señor é un cargo público que non debe opinar de cousas que non dependen del. Se ten vocación de vedette que probe sorte vendendo os seus amoríos e escándalos sexuais, existan ou non, pero o que fai é sancionable (ollo, non as súas ideas políticas). Saúdos.

Atlantico #21 25/Marzo/2008 Atlantico

Non sei, eu a este tipo vexoo máis nunha tasca tomando un viño que non de valedor.

Ó mellor son cousas miñas.

caxato #22 25/Marzo/2008 caxato

Supoño que Marisol xa o poría no seu sitio, pois se non estou errado Marisol cobra un bó salario para defender o idioma.

Xeonllo #23 25/Marzo/2008 Xeonllo

Este "valedor" só vale para que lle dean unha patada no cu.

lostrego #24 26/Marzo/2008 lostrego

Vaia paxaro! De que está a rir a cachón! De nós, seguro!

rockandroll #25 26/Marzo/2008 rockandroll

Marisol? Marisol nom sabe nem falar meia palavra em galego.

mceleiro #26 26/Marzo/2008 mceleiro

Por favor, alguém me pode dizer que significam as palavras DEMITIR ou DESTITUIR? Eu ainda nunca as vi usar.

Será um idicador da normalidade democrática acadada.....



A este possivelmente chegue a Direitor de Política Linguística, Conselheiro de Cultura ou Minístro de Educação.

Xistral #27 26/Marzo/2008 Xistral

Aquí todo o mundo escreve en galego. Cada un dentro das súas posibilidades ou crenzas. Digo isto porque non estou de acordo con Undetantos. Aquí o único que non escrebe galego é un tal Gaviotero, especimen miserable e lambecús, deses que están tan cegados polo auto-odio que son individuos perdidos para sempre e representan o que en todas as culturas se coñece como "ninguéns", non se recoñecen na súa e os outros non os queren, porque para eles non son dos deles, son unha especie de cuspitallo ou vomitona. É duro para os "ninguéns" pero...

fouze #28 26/Marzo/2008 fouze

Há que potenciar que este nacho deixe o cargo.Que faça de valedor da sua casa.

caxato #29 26/Marzo/2008 caxato

Entón teñen que destituir aos dous: ao valedor por acción e a Marisol por omisión, os políticos están nos cargos para defender o seu cometido, a Sra Marisol tiña que dar a cara polo galego, para iso cobra, para iso ten o cargo de que ten.

Gaviotero #30 26/Marzo/2008 Gaviotero

Poco durará el Valedor del Pueblo. El nacionalsocialismo no perdona la independencia. Y menos la libre expresión. Buenos son ellos que ni siquieran condenan el nazismo.

Sabrexo #31 26/Marzo/2008 Sabrexo

Este Valedor, mira que dicir que na casa de Gaviotero hai que promover o galego... Se aínda non condenou o nazismo!

http://www.gznacion.com/web/no...

coruxo #32 27/Marzo/2008 coruxo

vergonha.

Maeloc-do-Rouco #33 27/Marzo/2008 Maeloc-do-Rouco

Gaviotero, tu o que es cando menos e um IGNORANTE, um MINTIREIRO, UMHA PESSOA IN-EDUCADA (o defice educativo nom e inteiramente culpa tua), um PROVOCADOR MESQUINHO E SEM CLASE e umha pessoa SIMPLES, INDIGNA E INMADURA...Estuda um pouquinho, mais aprende a respectar e a escoitar sem tirar-lhe os teus cacharros a cabeza a ninguem...sabes que mentes em tudas e cada umha das achegas que fixeche...SABE-LO PERFEITAMENTE...Que pouco tolo estas meu amiguinho!!...Dam magoa de verdade o teu corazom podre e a tua mente enlamada na ruindade e no fanatismo...Sempre anoxado e sempre pretendendo dar lizons e a debuxar risos de plastico forzados(jaja je jo ju ji)que nem tu es quem de acreditar sem perder a pouca vergonha que che puidera quedar..

xel #34 31/Marzo/2008 xel

De onde quitaron a este "valedor"? Destitución fulminante xa

PedraCorado #36 3/Abril/2008 PedraCorado

Assunto: Muito bom este facto histórico feito pelo Galeguismo.

Sou galego tenho metade da minha vida vivido fora da Galiza. Devido à minha profissão tenho estado na Argentina, Brasil, Alemanha, Inglaterra, Japão e agora estou em Portugal.
Isto dá-me uma visão diferente sobre a situação da Galiza. A maioria dos portugueses e galegos quase desconhecem que são o mesmo povo e que antes da colonização da Galiza pelos castelhanos tivemos um passado comum com sete séculos falando e escrevendo a mesma língua o galego/português.
Para um galego como eu que vive no exterior é humilhante saber que não temos o direito de escrever o nosso idioma na ortografia actual e ainda ver a RAG a fabricar uma outra escrita para nos isolar do mundo dos irmãos da fala. Depois de sofremos tantos séculos de opressão e humilhação cultural e económica com a colonização castelhana o mínimo que os galegos mereciam era recuperar o atraso e deixarem-nos escrever o nosso idioma actualizado na norma ortográfica do galego/português. Temos uma das línguas mais faladas do mundo. Inventar regras ortográficas quando já as temos solidificadas e de extrema utilidade só pode ter o objectivo de destruir a cultura galega e isolar-nos. A escrita deve ser um meio para comunicarmos e não para separar povos com a mesma origem como pretende a RAG. Por isso concordo e apoio o Senhor Galeguismo e reafirmo:
Acabe com as enfermidades do nosso idioma resultantes da colonização castelhana. Escreva puro galego do século XXI com a norma ortográfica do português actual.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: