Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
A PARTIR DO 30 DE MARZO EN OLEIROS

Dez semanas para o libro

A iniciativa Semanas do libro e a lectura levara por todo o país exposicións, obradoiros e contacontos, que permanecerá unha sete días en cada vila.

Redacción - 11:33 26/03/2008

Este programa de fomento da lectura comezará en Oleiros o vindeiro domingo 30 de marzo e viaxará por outros nove concellos galegos até xaneiro de 2009: Viveiro, Carballo, Monforte, Tui, Allariz, O Porriño, Moaña, Noia e Barbadás. As actividades terán, ao igual que o Salón do Libro de Pontevedra, o mar como temática principal.

En cada vila levaranse a cabo once obradoiros dirixidos a mozos e rapaces, con contidos diversos: ilustración, creación literaria e animación á lectura, banda deseñada, música, expresión teatral e monicreques, ou de ambiente. Outros teñen como destinatarios aos profesores: Crear creadores', 'As bibliotecas escolares', 'A música e a literatura', 'Falan os autores e as autoras' e 'Obradoiro de expresión teatral'.

Ademais, haberá outras actividades dediacadas á animación á lectura, actuacións teatrais ou de monicreques e exposicións permanentes con libros cedidos polas editoriais.

Programa completo:
Oleiros: do 30 de marzo ao 5 de abril de 2008
Viveiro: do 9 ao 15 de abril de 2008
Carballo: do 20 ao 26 de abril de 2008
Monforte: do 4 ao 10 de maio de 2008
Tui: do 18 ao 24 de maio de 2008
Allariz: do 5 ao 11 de outubro de 2008
O Porriño: do 19 ao 25 de outubro de 2008
Moaña: do 9 ao 15 de novembro de 2008
Noia: do 23 ao 29 de novembro de 2008
Barbadás: do 18 ao 24 de xaneiro de 2009


Ligazóns

4,75/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: