A organización da París-Nice négalle o mesmo medicamento que consume, por exemplo, o recente plusmarquista francés de natación.
Hai xa meses e debido a unha lea burocrática entre a Unión Ciclista Internacional e a Axencia Antidopaxe Francesa, xa transcendera o historial clínico de Óscar Pereiro, e un dos médicos que o atendeu comentaba daquela que o gañador do Tour 2006 tiña un problema bronquial que facía imprescindíbel o uso da medicación correspondente.
Agora, a belixerancia dos controis sobre os ciclistas provocou que a organización da carreira París-Niza lle negase a Óscar Pereiro o permiso para usar unha coñecida menciña para os enfermos crónicos de asma, o Ventolín. Segundo explican desde o equipo de Pereiro, non se tratou dunha prohibición estrita, pero si da advertencia de que co uso podería incorrer en "sanción".
De resultas do caso, e logo dunha primeira etapa de vento e frío intensos, Pereiro retirouse con problemas desta competición e volveu para Galiza. Froito do episodio e tres días despois, o corredor chegaba a urxencias dun centro hospitalario vigués con bronconeumonía.
Acumulación de belixerancia sobre os ciclistas
Nos últimos días, o gremio ciclista cavila novas mobilizacións contra os excesos de control á que son sometidos. Un dos episodios máis criticados producíase hai dez días, cando o ciclista belga Kevin Van Impe, era requirido para pasar un control antidopaxe de rutina mentres estaba no funeral de seu fillo. Trátase de controis sorpresa aos que os ciclistas non poden negarse e debido aos cales deben indicar de xeito permanente a súa localización podendo ser obrigados en calquera momento a sometérense a eles.
puta que os pariu, o caso é cargarse ao galeguiño. O que me estraña é que non o fagan nas roldas españolas, seguro que Sastre e Valverde toman o que lles sae do carallo
A verdade é que o acoso sobre os ciclista chega a cotas intolerables. Hai pouco a un ciclista presentóuselle un "vampiro" no funeral do seu fillo. Que é isto? Se pretenden limpar o nome do ciclismo fan todo o contrario, aquí estase a xogar coa vida dos ciclistas, aínda non hai moito tempo do suicidio de Marco Pantani. O que me escaralla é que no fútbol deben facer catro controis a catro persoas en todo o ano, porque os futbolistas saen polas noites, beben, fuman (supoño que lagún haberá que vaia a maiores) e todos a competir. Un ciclista se toma unha aspirina dá positivo, e mesmo sen dar, como no caso de Rasmussen no Tour pasado, fórzase ó equipo para botar ó ciclista, ollo: sen sequera dar positivo!
Pediu Ventolín e déronlle "ventolina". Ou sexa, á puta rúa.
Asómbrame que aínda haxa xente que queira correr o Tour. Eu mandábaos a todos a Transilvania a chupar sangue á Seguridade Social.