Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A CIG leva o caso ao xulgado

Querela criminal contra a Mariña Mercante polas eivas no rescate do Cordero

O sindicato denunciará por "homicidio involuntario" a membros da dirección da Mariña Mercante, dependente do Ministerio de Fomento, pola actuación no naufraxio do pesqueiro.

Redacción - 15:00 27/03/2008

Desde a CIG explican que a denuncia débese á consideración de que na operación levada a cabo durante o salvamento do pesqueiro "Cordero", realizáronse actuacións "moi anómalas" e "non se cumpriron os protocolos establecidos". Recordámoslles que o naufraxio produciuse o pasado xaneiro a 15 millas de Cabo Prior e resultou no falecemento de cinco persoas, conseguíndose rescatar a tres mariñeiros con vida.

Segundo lle adiantou a Europa Press o secretario de CIG-Mar, Xabier Aboi, a querela criminal vaise presentar no Xulgado de Instrución Número 2 de Ferrol. O mesmo xulgado xa abrira o día do naufraxio unha investigación para determinar as causas. A denuncia irá contra sete membros da Dirección Xeral da Mariña Mercante e Capitanía Marítima, malia que o sindicato non descarta que co avance das dilixencias se amplíe a imputación a máis persoas.


O naufraxio do 'Cordero' xa é tamén obxecto dunha investigación pola Comisión de Accidentes Marítimos do Ministerio de Fomento. Precisamente, nunha das últimas comparecencias que a Administración galega realizou na Comisión de Pesca sobre este sinistro, o director xeral de Recursos, Antonio García Elorriaga, admitiu que, "neste momento", non se poden determinar as causas do naufraxio nin as actuacións dos medios de Salvamento, ao continuar abertas as investigacións de "carácter confidencial".


5/5 (2 votos)


Comentarios (1)

baltar69 #1 28/Marzo/2008 baltar69

logo da vista da comisión de investigación impulsada pola xunta, parece ben razoable esta denuncia da cig, por moito que a esa especie de sapoconcho que teñen os do pesoe como portavoz entenda que esas non son formas.
sobre o tema remítome a un texto de fai días e
quizás sexa, para salvar algún de estes platos ques e mencionan, que o político da mariña arremete conta a denuncia da central sincical.

" temporal na costa de madrí

parece ser que o equipo que emprega habitualmente helimer galicia, un sikorsky, estaba de revisión en noruega cando aconteceu o asunto do cordero. por elo foi enviado, co xa tristemente famoso retraso tan farfulleiramente explicado na comisión por toda esta caterva de malnacidos que nos goberna, un helicóptero de menor entidade, o dauphin n II, ferramenta glosada como óptima polos membros da clase política con responsabilidades no caso, pero rexeitada polos técnicos consultados por tódalas fontes que fun capaz de contrastar. inclusive o propio sepla critica o uso de esta aeronave ( que prestaba servizo no asunto prestige para a xunta como pesca1 e pesca2 e que foron trocados logo da experiencia co petroleiro polos sikorsky s 61 n ), que a pesares de ter maior autonomía, nin ten o aplomo do aparato norteaméricano nin a capacidade de voo estacionario automático, necesario para eliminar manobras no momento das operacións de salvamento, da mesma forma que o referido sindicato ten criticado os horarios e a conformación e formación dos equipos que helicsa, propietaria das aeronaves e concesionaria, ten contratados co ministerio de fomento a trevés da sociedade estatal salvamento marítimo.

ahora é o guindastre averiado ( recordemos que estes equipos acaban de revisarse na gran parada efectuada en noruega ) o que causa a morte de outra persoa, tal e como acontecera xa en agosto do 97 cando outros dous mariñeiros morreron nunha operación de rescate do rei alvárez II e non puderon ser izados por outra avería na grúa ( daquela falábase que era a primeira vez que se tiña constancia dun fallo semellante ) nin conseguiron chegar á balsa na que o salvamar touriñan topou a dous supervivintes do palangreiro e o rescatador que estaba encargado de izalos o sikorsky.

por suposto nadie é responsable. sonche as cousas do mar, diría algún. pero eu creo que son máis ben as cousas da terra, as cousas dunh administración alonxada en despachos da súa cidadanía e dun ministerio ( ou de varios ) que non queren saber nada de delegar as responsabilidades do salvamento en galicia e queren seguir a manexar o cotarro dende madrí.

non quixera pensar que, quizais, o concesionario do servizo, helicsa, non é competente tal e como afirman algunhas voces e que esta concesión está avalada pola amistade de anos que une a eduardo saavedra co mesmo rei xan carlos, pero esta negativa a descentralizar da capital do estado, que creo que non ten costas por ningún lado, este tipo de servizos públicos, tráenos a mente outros casos e irregularidades penosas cás que esta ineficaz casta directiva ten castigado a este pobo de choiva e calma o que soio concitan para votar e pagar impostos"

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: