Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Preparando a mobilización do 18 de maio

"Presionar, mais tamén transformar"

Así o sinala a conclusión do informe de xestión da Mesa pola Normalización Lingüística, que acada un número histórico de afiliacións.

Redacción - 10:30 30/03/2008

A Mesa pola Normalización Lingüística saca músculo antes da próxima cita nas rúas da capital do país baixo un lema significativo: "Polo dereito a vivirmos en galego". Unha cita dixada para o próximo 18 de maio e na que o colectivo pretende chamar a atención sobre o dereito do pobo galego a que "a súa lingua propia ocupe todos os ámbitos da vida social propios de calquera idioma, con dignidade e normalidade".

Neste camiño, o colectivo comprométese a tratar de evitar caer no "testemuñalismo" e no "protagonismo fácil de limitarse exclusivamente a criticar nos medios de comunicación o que outros non fan ou fan mal". É por iso que, segundo conclúe o informe de xestión debatido na última asemblea xeral, "A Mesa ten que presionar, porén tamén transformar".

E ao traballo por ese obxectivo, a Mesa chega nun punto de inflexión importante e coa súa "musculatura organizativa" en bo momento. Son agora mesmo 3.300 socias e socios, convertida así na organización cultural galega "con máis membros" e con amplo dinamismo a través de numerosos grupos comarcais. "Non falamos dun crecemento espectacular no número de entradas na organización, mais si dun crecemento positivo anual que nos permite falar dunha cifra histórica de afiliadas e afiliados", sinalan desde a dirección.


4,18/5 (11 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: