Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Posíbel adianto electoral a marzo

Touriño promete inxección "renovadora" nas estruturas do PSdeG

O secretario xeral do PSdeG avanza que á volta do verán haberá un congreso que facilitará o protagonismo dunha "nova xeración" no seu partido.

Redacción - 09:00 31/03/2008

Trátase dunha nova xeración política con idades entre "30 e 40 anos" que, segundo analiza o líder dos socialistas galegos, "xa comeza a coller forza" no interior do partido. E segundo Emilio Pérez Touriño, o punto de inflexión para que collan o temón da formación chegaría despois do próximo verán, momento no que os socialistas teñen previsto celebrar un congreso.

"A verdade é que o PSdeG está a coñecer unha gran transformación, os cidadáns galegos están a votar por unha sociedade diferente á que propoñía o PP, e o PSOE estase a renovar intensisimamente", asegurou Touriño este domingo para a Cadena Ser. Na súa opinión, o PsdeG está agora no momento axeitado, alleo a "problemas de partido", para poder converterse en "forza central en Galiza". Un camiño para o que Touriño dixo contar coa "estabilidade e confianza" actual da que asegura que goza a súa formación.

Por outro lado, Touriño subliñou que "nunca na historia o socialismo galego tivo tanto peso no ámbito federal español", salientou en referencia a Xosé Blanco, secretario de Organización do PSOE, que "a man dereita de Zapatero é galega" e dixo confiar en que esa análise se confirme na "presenza de ministros" galegos no próximo executivo estatal.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: