Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Posíbel adianto electoral a marzo

Feijoo confórmase con que o PPdeG saia como forza máis votada

O líder dos populares galegos adícalle outra chiscadela ao Bloque.

Redacción - 09:00 31/03/2008

"O primeiro obxectivo do PPdeG é gañar as eleccións con maioría abonda", explicou Alberto Núñez Feijoo, presidente do PPdeG, nos micrófonos da Radio Galega. Feijoo avanzou que a estratexia do seu partido será trasladarlle aos galegos a idea de que o PP é o único en Galiza que pode garantir un "goberno estábel". "Se pola contra o que queren é dous partidos que gobernen en contra da metade galega que votou o PP e que cada vez que hai un problema teñen solucións distintas, entón que non lle voten ao PP", explicou.

Núñez Feijoo insistiu en que a súa formación é a única que está "agora mesmo con posibilidades" de gañar as próximas eleccións "con maioría suficiente para gobernar". Nun escenario sen maiorías absolutas, Feijoo admitiu que trataría de "dar pasos de entendemento" e propoñerlle pactos de "gobernabilidade" ao BNG. "O Bloque ten que saber o que quere facer en política: ser un acólito do PSOE ou respectar as regras de xogo", dixo Feijoo. Ao fío, destacou as ocasións en que concelleiros do Bloque xa lle permitiron gobernos municipais ao PP e dixo non entender que "en democracia" eses edís fosen expedientados.

Feijoo dixo ser favorábel a que haxa un adianto dos comicios galegos e "non permitir un ano máis cunha situación económica adversa, unha enorme inseguridade e unha crise de confianza sen que a Xunta adopte ningunha medida". Con todo, queixouse de que o presidente da Xunta "neste tema, como noutros, cambia de opinión con certa constancia, e segundo lle convén a el".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: