Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Coa abstención do PPdeG

Vigo decide dedicarlles seis rúas a mulleres represaliadas polo fascismo

Son Ángela Iglesias Rebollar, Rosario Hernández Diéguez, Carmen Miguel Agra, Margarita Bilbatúa Zubeldia, Urania Mella Serrano e Mercedes Núñez Targa.

Redacción - 19:29 31/03/2008

Un total de seis rúas han levar os nomes de seis mulleres viguesas represaliadas durante a ditadura franquista, tras saír adiante, cos votos de PSdeG e BNG e a abstención do PPdeG, esta proposta no pleno da segunda feira.

Co acordo dos partidos no goberno municipal, unha rúa do barrio de Teis vai levar o nome de Ángela Iglesias Rebollar; as travesías primeira e segunda da Travesía de Vigo van pasar a se chamar Rosario Hernández Diéguez e Carmen Miguel Agra, respectivamente. Ademais, no barrio de Barreiro dúas rúas han levar os nomes de Margarita Bilbatúa Zubeldia e Urania Mella Serrano; e no barrio de Pardaíña-Rocío háselle dedicar unha rúa a Mercedes Núñez Targa.

Un "acto de xustiza" cara estas mulleres
Durante a sesión, o concelleiro de Cultura, Xesús López (BNG), lembrou, ao pedir o apoio a esta iniciativa, que só o 3 por cento das rúas da cidade teñen nomes de muller, e considerou que isto supón que até o de agora non se tiña "valorado a aportación das mulleres", así como a das homenaxeadas, que "loitaron pola defensa da democracia" e fixeron unha contribución "á liberdade e igualdade social e de xénero".

Para López os novos nomes das rúas son un "acto de xustiza" cara estas mulleres e, por extensión, cara todas aquelas "que traballaron para que chegara a luz na Longa noite de pedra".


Ligazóns

4,8/5 (10 votos)


Comentarios (4)

Tino #1 1/Abril/2008 Tino

Lembrar q o PP votou en contra: seria pq son mulleres ou pq foron represaliadas polo franquismo? ou polas duas cousas?

Gaviotero #2 1/Abril/2008 Gaviotero

No, el PP está contra el sectarismo totalitario de las franquistas de ayer que hoy para limpiar su imagen se las dan de antifranquistas.

Terminarán dedicándole una calle a la mujer de Quintana, y si no al tiempo...

Maeloc-do-Rouco #3 1/Abril/2008 Maeloc-do-Rouco

Gaviotero, tu o que es cando menos e um IGNORANTE, um MINTIREIRO, UMHA PESSOA IN-EDUCADA (o defice educativo nom e inteiramente culpa tua), um PROVOCADOR MESQUINHO E SEM CLASE e umha pessoa SIMPLES, INDIGNA E INMADURA...Estuda um pouquinho, mais aprende a respectar e a escoitar sem tirar-lhe os teus cacharros a cabeza a ninguem...sabes que mentes em tudas e cada umha das achegas que fixeche...SABE-LO PERFEITAMENTE...Que pouco tolo estas meu amiguinho!!...Dam magoa de verdade o teu corazom podre e a tua mente enlamada na ruindade e no fanatismo...Sempre anoxado e sempre pretendendo dar lizons e a debuxar risos de plastico forzados(jaja je jo ju ji)que nem tu es quem de acreditar sem perder a pouca vergonha que che puidera quedar..

carlosroca #4 2/Abril/2008 carlosroca

Mercedes Núñez Targa participou na Resistencia francesa, despois de saír do cárcere de Ventas (Madrid), e logrou o grau de Sarxenta do exército dos “Francs Tireurs et Partisans de France”. Capturada en 1944, foi deportada ao campo de concentración de Ravensbrück, verdadeiro campo de exterminio.

E o PP negouse a que se lle puxese unha rúa a esta muller, entre outras, vitimas da barbarie fascista, do "atila en Galiza".

É demostración do que seguen sendo, detrás de tanto sorriso, de teóricas condeas do holocausto... temos a realidade do facismo que ainda latexa.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: