Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONFLITO DE DENOMINACIÓN

Macedonia terá que cambiar de nome para entrar na OTAN

Grecia vetará o ingreso, pois unha das súas provincias ten o mesmo nome.

Redacción - 11:50 01/04/2008
Bandeira de Macedonia

Bandeira de Macedonia

A república balcánica de Macedonia deberá cambiar de nome oficial se quere entrar na OTAN. Así o advertiu a ministra de asuntos exteriores de Grecia, Dora Bakoyannis. Os gregos non admiten a denominación de Macedonia porque no seu país xa hai unha provincia co mesmo nome.

Macedonia non poderá ingresar na OTAN se hai un veto de Grecia, no cumio da Alianza Atlántica que se desenvolverá esta semana en Bucarest. Os gobernos grego e macedonio levan 17 anos tentando resolver o conflito.


5/5 (3 votos)

Comentarios (12)

Tino #1 1/Abril/2008 Tino

Home claro: pois se vas comer unha ensalada de froitas podes dicir ,,Voulle atacar á macedonia" e pode ser toda unha declaración de guerra.

larpeiran #2 1/Abril/2008 larpeiran

O goberno macedonio leva 17 anos tentando resolver o conflito, os gregos levan 17 anos que nin xo nin arre. Grecia, todo un modelo de estado, reprimindo as súas minorías e agora ate os veciños. É como se Galiza se independizase e os portugueses dixesen que nada de se chamar galiza porque fai referencia ao gal de Portugal... pois algo polo estilo é o que lles pasa aos gregos, uns mangantes de coidado (o mesmo estado que ten relación con Prestige, coa Raíña Sofía, onde hai arromunos no cárcere por usar apelidos na súa lingua materna... en fin, un modelo democrático)

BonKarallan #3 1/Abril/2008 BonKarallan

Terá que chamarse calquera outro sobremesa: Marmelo con queixo, fresas con nata, torta xeada...

Telleiro #4 2/Abril/2008 Telleiro

Quen son os arromunos?

arzaya #5 2/Abril/2008 arzaya

Os arromaneses ou arumánicos son falante de linguas afíns ao romanés que perviven nos Balcáns:


"idioma arumano o arrumano o aromunico, también conocido como macedorumano o válaco (limba armãneascã, Armãneashti or Armãneshce) es un idioma del conjunto de las lenguas romances orientales hablado en el Sudeste de Europa por 300 mil personas del pueblo arumano o arrumano.

Comparte similtudes con el idioma rumano, pero a diferencia del rumano que tuvo influencias de las lenguas eslavas, el arumano tuvo influencia del griego. Algunos filólogos no lo consideran un idioma separado, sino sólo un dialecto arcaico del rumano. Una de sus características fonéticas peculiares es la pérdida de la f- inicial latina (al igual que en castellano): ferrum → her, "hierro", aunque este mismo rasgo lo comparte también con el meglenorrumano.

Este idioma (del conjunto balcanorrománico) actualmente se habla en comunidades desperdigadas entre los siguientes estados: Grecia, Bulgaria, Rumania, República de Macedonia, Albania y Serbia; tal dispersión se explica porque durante siglos la mayor parte de los arrumanos (llamados otrora por los eslavos "kutzovalacos" y -dadas las similitudes en su modo de vida con los rom o gitanos- "tsintaros") se vio forzada a un modo de vida trashumante en carromatos, siguiendo circuitos dentro del sur de la Península de los Balcanes.

arzaya #6 2/Abril/2008 arzaya

O problema é comprensible, podemos imaxinar que Portugal se quixera chamar Galiza do Sul ou a Galiza, Portugal do Extremo Norte. Algún problema daría. En todo caso, non é un problema moi ibérico, aquí temos dúas Estremaduras/Extremaduras moi preto un da outra

larpeiran #7 2/Abril/2008 larpeiran

Hai uns anos Grecia, para amolar a Macedonia, mudou o nome do aeroporto de Salónica polo de "Aeroporto internacional de Macedonia"; os macedonios, como represalia, mudaron o nome do aeroporto de Skopje polo de "Aeroporto internacional Alexandre Magno" [coñecido nos Balcâns como Alexandre Macedonio]. Así andan: o problema é compresíbel, o que non é de recibo e que polo veto dun estado "pouco transparente" toda a comunidade internacional trague. E de novo, Macedonia é nos Balcáns un estado modélico para moitas cousas....

Telleiro #8 2/Abril/2008 Telleiro

Grazas,Arzaya.

rober #9 2/Abril/2008 rober

O único que hai que dizer é .... que llhes dem muito polo cu aos gregos!!!
Se houver algumha parte de macedónia na Grécia actual Grécia ..., que mudem os gregos de nome, e acabouse o conto. Isto nom é nenhuma doidice. Recomendo isto ao governo da Macedónia (ainda que sejam eslavos e nom lainos como eu)

El_pastorrr #10 3/Abril/2008 El_pastorrr

Pois razón non lle falta ó goberno grego, Macedonia é un nome grego, gregos eran os habitantes dese reino (ainda que pra outros daquela época eran semibárbaros), e na maior parte, no territorio da actual Grecia foi onde xurdiu, un milenio antes aproximadamente da chegada de eslavos que falan un dialecto búlgaro e que agora se apropian de símbolos e de historia helena como a figura de Alexandro, o sol de Vergina ou o nome.

E como se agora Galicia a excepción da provincia de Lugo se independizase e chegasen 2 millóns de nepalís elí, e tras un tempo declarasen a independencia da República de Lugo chamándose así mesmos lucenses, e apropiandose da figura de Ánxel Fole, Álvaro Cunqueiro, Manuel Fraga ou Rouco Varela, o símbolo do Graal do Cebreiro (postos a facer analoxías simples....).

En definitiva, que os gregos serán uns malakas, que teñen feito limpezas étnicas variadas, intercambios de poboación (tamén as teñen sufrido como case todos os pobos da zona) son moi nacionalistas, non recoñecen en exceso a diversidade cultural no país (ainda que os gajos musulmanos da Tracia si teñen ben recoñecidos os seus dereitos), e as fronteiras do actual estado son algo bastante artificial, pero neste asunto penso que teñen toda a razón, outra cousa é que por algo esí armen as de Xristo e incluso cheguen a tomar decisións malas para eles mesmos, porque a FYROM na OTAN sería unha cousa positiva pra Grecia que tería un veciño máis estable, co que podería avanzar en canto a cooperación e desenvolvemento, a fin de contas o porto da FYROM e o de Kosovo (ou Kosova, ou como carallo se escriba) é o de Thessaloniki, pero bueno na realidade o capital grego non ten problema ningún con invertir elí, e eso é o tal.

larpeiran #11 3/Abril/2008 larpeiran

El_Pastorr

Cilio e Metodio, os tradutores da Biblia ao eslavón antigo, era falantes dunha "lingua eslava" e naceran en Salónica. Estamos a falar do século V da nosa era. Os macedonios non chegaron "onte" a esa rexión.
A Grecia clásica tamén estaba pola costa catalana e os gregos non a solicitan como parte do seu territorio.
A Macedonia actual (a república e a rexión grega) non era parte de Grecia cando a independencia, no século XIX, senón que obtivo Salónica (a capital da Macedonia grega) no 1870!
Era unha zona helenizada? Pois non era o centro (a Macedonia) da cultura helénica. É como se Italia reclama Francia ou Croacia aludindo aos romanos...

El_pastorrr #12 3/Abril/2008 El_pastorrr

Cirilo e Metodio son do século IX, e non che digo que na Macedonia e Tracia de ate primeiros de século XX vivisen eslavos, pero estes non eran orixinarios da zona e agora apropianse dun pasado que non é deles. O estado grego non está a reclamar territorios da FYROM, so un cambio de nome ó que se compremeteran cando o estado exiugoslavo conseguíu a independencia, e xa teñen aceptado como nomes posibles Alta Macedonia ou Nova Macedonia.

Esas comparacións que pos son un pouco absurdas, o reino macedonio ainda que periférico, e na opinión de moitos gregos da época semibárbaro tiña cultura, relixión e lingua gregas, inda esí iso non ten moito que ver ca Gran Idea xurdida no século XIX de extender o recén nacido estado grego alá onde houbese poboación Grega (Macedonia, Tracia, Chipre, Smyrna, Ponto e Bitinia...). Que facendo iso se cometeron atrocidades, xenocidios, intercambios de poboación e helenización da poboación eslava, pois si, tamén era unha época no que aquilo era algo cotidiano por desgracia, e tamén era algo que tiveron que sufrir os gregos e que inda teñen sufrido ate hai ben pouquiño (progromo de Istanbul no 50 e pico).

Que cando o reino de Grecia adquiríu a Tracia e a Macedonia estaban habitadas por moitos eslavos, e que a poboación grega non era maioritaria e que agora si, pois si.... tamén houbo un fluxo de desplazados gregos trala I guerra mundial enorme que homoxeneizou máis Grecia e como xa dixen intercambios de poboación e expulsións.

Unhas opinións interesante ó respecto deste tema son as que publicaron no Herald Tribune hai uns días http://www.iht.com/articles/20...
http://www.iht.com/articles/20...
http://www.iht.com/articles/20...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: