Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
CON MATERIAL DIDÁCTICO EN GALEGO

"Waramurungundi", traballando pola da diversidade lingüística

Preséntase en Terrassa un libro pensado para axudar á docencia na xestión da diversidade lingüística nas aulas e, por extensión, na sociedade.

Xabier Paradelo - 23:30 02/04/2008

O traballo Waramurungundi, elaborado por docentes cataláns, está pensado coma un argumentario para a docencia e inclúe un CD con máis de cincuenta actividades. Conta con material en galego, como a tradución de cómics de Jep i Fidel no na revista catalá Cavall Fort, dirixida ao público infantil e xuvenil, e tamén dá referencias do Proxecto Galauda, colectivo de docentes de lingua galega en Catalunya.

O libro, que está a piques de saír do prelo e que vai ser distribuído nos CEIP e en moitos IES de Catalunya, preséntase na sé da asociación Amics de les Arts i Joventuts Musicals de Terrassa, encetando as actividades do mes abril, centradas na crítica da economía baixo o punto de vista altermundista, na educación pola paz e no consumo responsábel e solidario. A entidade ten acollido actos sobre lingua e cultura galegas do colectivo galego "A Nau de Lume", desta vila catalá.

O nome do libro, Waramurungundi, recolle o mito da creación dos aborixes australianos, nome da deusa nai que ensinou a linguaxe.

Venres, 4 de abril de 2008, 19 h.

Presentación do libro Waramurungundi. La sostenibilitat i la diversitat lingüístiques a l’aula.

A cargo dos autores: Anna Prunés, Montserrat Pérez, Anna Gonzàlez i Lluís Felip.

Amics de les Arts i Joventuts Musicals de Terrassa
Carrer Sant Pere 46, 1r. | 08221 Terrassa


Documentos

2.33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: