Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Debido á invasión competencial

Pulso ao goberno español no Constitucional pola lei eléctrica estatal

A Xunta rexeita que desde Madrid se xestionen as liñas de transporte eléctrico máis importantes de ámbito exclusivamente galego.

Redacción - 09:00 03/04/2008

"Xa é hora de que os galegos e galegas sexan conscientes e interioricen o feito de que somos produtores netos de enerxía e isto temos que aproveitalo en beneficio de Galiza", explicou o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, nun almorzo informativo en Radio Líder este mércores. Quintana inseriu o paso dado pola Xunta neste contexto, salientando que un país "con capacidade enerxética e con capacidade de xeración de enerxía" debe "comezar a sacar proveito disto".

E nese contexto que o vicepresidente avanzou que un dos temas que chega consensuado á xuntanza do Consello da Xunta deste xoves é a interposición dun recurso de inconstitucionalidade contra a lei estatal do sector eléctrico. Quintana considera que a modificación realizada o ano pasado sobre o texto anterior, con data de 1997, "non é respectuosa co esquema constitucional e estatutario de distribución de competencias en materia de enerxía eléctrica, ao desprazar cara o Estado a competencia para a autorización de todas as instalacións de transporte primario".

Así, ese marco lexislativo dálle ao Estado competencia para a autorización de todas as instalacións de transporte primario, de xeito que só mantén o criterio da territorialidade para o transporte secundario e a distribución, excluíndo as liñas de transporte primario. Estabelécese desa maneira o nivel de tensión como criterio de reparto de competencias. Porén, desde o Goberno consideran que as liñas de transporte eléctrico primario que non vaian máis aló de Galiza, deberán ser competencia da Xunta, e por iso levarán a rifa co goberno español até o Tribunal Constitucional.


5/5 (4 votos)


Comentarios (4)

Tino #1 3/Abril/2008 Tino

Si sr, cun par de Condes, como deve de ser!

ulham-novo #2 3/Abril/2008 ulham-novo

por fin na GALIZA alguns politicos comezan a tentar frear o expolio colonialista ao que nos ven sometendo Castela desde o século xv.
o noso país non é pobre como os españois din, está en mans alleas que só miran polos seus intereses espúreos e a nosa terra e as nosas xentes importanlles un carallo

manhoca #3 3/Abril/2008 manhoca

e habera alguen que non lle colla na cachola o que defende o vicepresidente mais o conselleiro de industria???seguro que sempre queda o espabilado a oscuras,para boicotear a "penosa",nalgun recuncho do derradeiro pub aberto.

Vermelhom #4 5/Abril/2008 Vermelhom

horas era, istes de madrid que pensam que vam fazer o que lhe venha em ganha com nos e os nossos recursos, que mais querem? Normal o mundo pertencelhes, foi creado pra disfrute de eles!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: