Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
APAGÓN ANALÓXICO

A Fonsagrada xa é dixital

Aínda que o 'apagón' era xa efectivo a primeira hora da mañá, fíxose oficial áo mediodía, coa presenza de Touriño e o secretario de Estado de Telecomunicacións.

Redacción - 13:46 05/04/2008

O Concello da Fonsagrada converteuse este sábado no primeiro de todo o Estado en dicir adeus á televisión analóxica. Foi noticia, polo tanto, e medios de todos os puntos de España achegáronse até alí para rexistrar o acontecemento, histórico para a televisión, e sobre todo para a vila da Fonsagrada.

O acto oficial tivo lugar ao mediodía, e estivo presidido polo xefe do Goberno, Emilio Pérez Touriño, acompañado da presidenta do Parlamento, Dolores Villarino; o secretario xeral de Comunicación, Fernando Salgado; o secretario de Estado de Telecomunicacións, Francisco Ros; o presidente da Deputación de Lugo, Xosé Ramón Gómez Besteiro, e tamén os conselleiros de Educación e Traballo e mais o alcalde da Fonsagrada, Argelio Fernández Queipo.

A Fonsagrada foi escollida pola súa extensión (é o concello de maior superficie de Galiza), e pola gran dispersión da súa poboación. En moitos núcleos, até o de agora, a recepción das canles privadas de televisión era moi deficiente, ou directamente non existía.

A este respecto, Pérez Touriño salientou que o carácter histórico do apagón analóxico da Fonsagrada vén dado tamén porque se produce nun concello que padeceu "un illamento secular, froito da desidia de moitos gobernos e dunha orografía que converteu en difíciles e alambicadas as súas vías de comunicación". A Fonsagrada, dixo, "que nunca recibiu a televisión do século XX en condicións aceptables, convértese hoxe no primeiro concello do Estado en acceder á televisión do século XXI".


5/5 (1 votos)

Comentarios (4)

Donicela #1 5/Abril/2008 Donicela

Moi ben... pero, que televisión? Que programación? Na Fonsagrada van ter ocasión de acentuar a desagaleguización: unha tele en galego fronte a vinte en castelán? Para cando a segunda canle da TVG?

mineru #2 6/Abril/2008 mineru

Fonsagrada,buena tierra de raices Ástures...

giao #3 7/Abril/2008 giao

Mais alienaçom capitalista e desgaleguizadora mentres a mocidade emigra e a comarca se desertiza. A Junta tem claras as prioridades.

GALICIEN #4 13/Abril/2008 GALICIEN

Poderan ter INTERECOMIA TELE FACHA , LA COZ DIXITAL, TELEVISION POPULAR.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: