Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
GAÑOU 2-1 NA MALATA

O Rácing sentencia ao Celta

A vitoria no 'derbi' achega ao Rácing ao obxectivo de asegurar a permanencia, e deixa aos 'celestes' a nove puntos do ascenso.

Redacción - 20:14 05/04/2008

Un gol de Carlier no minuto 71 sentenciou ao Celta na Malata, unha derrota que complica un pouco máis o ascenso para os vigueses, que fican a nove puntos do Sporting, terceiro na clasificación. O gol inicial de Chema Mato para o Rácing (min. 19) foi equilibrado rapidamente polo Celta, que empatou grazas a Rosada. Porén, o Rácing reafirmou o seu bo momento fronte a un Celta sen pegada na segunda metade e que se viu claramente superado polos ferroláns. Mediado o segundo tempo, Álvaro Antón sacou unha falta escorada e Carlier tocou o xusto para batir a Esteban.

O Rácing continúa a súa loita por acadar a permanencia na categoría, algo que semana a semana comeza a verso un pouco máis claro, xa con cinco puntos de vantaxe sobre o Nástic de Tarragona. Un Nástic que precisamente xogaba en Xixón, onde arrincou un empate. Pero ao igual que a semana pasada, o Celta non soubo aproveitar a ocasión de achegarse aos asturianos.

Na Malata houbo un gran ambiente, con moito público nas gradas (con case dous mil seguidores celestes) e un grande irmanamento entre as afeccións; de feito, os siareiros racinguistas acabaron o partido dándolle berros de ánimo ao Celta.

Ficha
RACING DE FERROL: Queco Piña, Ceballos, Olmo, Charpenet, Zanev, Chema Mato Portilla, min.46), Rubén García, Camí, Álvaro, Rudy Carlier (Medina, min.77) y Jonathan Pereira (Manuel, min.79).

REAL CLUB CELTA: Esteban, Lucas, Rubén, Agus, Roberto Lago, Núñez (Quincy, min.83), Rosada, Michu (Mario Suárez, min.75), Jorge, Diego Costa y Perera (Okkas,. Min.75).

GOLES: 1-0, min.18 Chema Mato engancha unha volea na frontal despois dun rexeite. 1-1, min.29: Rosada remata na saída dun córner. 2-1, min.70: Falta lateral que lanza Álvaro e desvía Carlier a gol.


2.33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: