Os propietarios terían que hipotecar outro ben até acadar o valor da diferenza, ou incrementar o importe mensual de pagamento para evitar a execución da hipoteca.
Flickr: b.costa
Continúan as consecuencias da crise inmobiliaria, e neste caso nótanse de novo nas hipotecas. De se aprobar o borrador do Real Decreto na que se desenvolven aspectos da Lei 2/1981, de regulación do mercado hipotecario, que actualmente está en fase de alegacións, os bancos e caixas poderían embargarlle o inmoble ao propietario dun piso que eles mesmos sobrevaloraran á hora da taxa, a pesar de que tivese pagadas todas as cotas.
Segundo indica o vicepresidente de ADICAE Galiza, Agenor Gómez, no caso de que o valor de taxación da vivenda sexa un 20 por cento inferior ao valor que tiña cando se constituíu a hipoteca, os bancos e caixas poden pedir medidas adicionais, a través da hipoteca de outros bens ou do incremento do pago mensual, medidas difíciles de afrontar para unha familia media, que non pode ofrecer ningún outro ben para cubrir a diferenza.
Con esta medida, o risco das actividades empresarias recae directamente nos consumidores, mentres que os bancos e caixas deciden con liberdade absoluta cando e a quen se lle pode executar unha hipoteca, aínda que se producise o pagamento de todas as cotas. A Lei de Reforma do Mercado Hipotecario, aprobada o pasado mes de decembro, deixa o control dos conflitos de intereses na taxación, en mans da autorregulación, polo que as taxadoras elaboran o seu propio regulamento de infraccións.
Posíbeis solucións
A Lei de Sobreendeudamiento de las Familias é a proposta que ADICAE reclama para rematar co problema do endebedamento familiar. Esta medida, que xa está a funcionar en Francia, permitiría aos núcleos familiares conservar os seus inmobles aínda que non poidan afrontar os pagamentos durante un período de tempo.
Riome dos listillos que compraron o Volvo ou o BMW ou calquera de esos carriños e meteron na hipoteca o valor do auto.
Pero non se dan conta que teñen que pagalo durante 20, 25, 30.... ou os anos que sexan e que o final terán que mercar outro e estarán pagando dous ??????
ains, todo por ter un coche que de outra maneira non poderían.
E fanse chamar socialistas? nin a dereita do fascista Aznar facia estas cacicadas. Maltido bambi do carallo.
pois eu non entendo moi ben a movida: se o piso está "sobrevalorado na taxa" como é que se pode aplicar a lei "no caso de que o valor de taxación da vivenda sexa un 20 por cento inferior ao valor que tiña cando se constituíu a hipoteca"??
Entendo que os bancos teñan medo de impagos e de que entón vexan que as garantías para facer fronte ao valor da hipoteca non sexan suficientes para cubirr o seu valor actual; ou que nun determinado momento infravaloraran o valor do piso porque estaba escriturado nun tanto e había outro tanto en negro, ou que sobrevaloraran o piso pensando que ía subir indefinidamente...
toleo
>>> "Riome dos listillos que compraron o Volvo ou o BMW ou calquera de esos carriños e meteron na hipoteca o valor do auto." ...
Aí falaches!!!. Subscribo.
Ainda fai pouco había xente que pensaba que non ían baixar os pisos. Os grandes culpables ademais son os bancos, que non só daban hipotecas polo valor total da casa (cousa que nunca fixeran até este boom inmobiliario) senón que a sobrevaloraban porque dicían que dentro dun ano xa valía máis. Pero claro chega o fin e pasa o que pasa....
De todos xeitos este Estado necesita unha forte recesión para que así non haxa cartos para nada, e polo menos non seguirán facendo paseos marítimos e poñendo farolas no monte. Eu xa dicía como é que había tantos BMW e similares coa merda de soldos que hai, xente que gañaba menos da metade ca min parecía rico..., pois non o sinto nada de verdade..., éche o que hai.
Mal de muitos...
Solidariço-me com os jovens que têm hipotecada a sua vida só por querer ter, algo tão galego como, algo de seu.
Meu, meu di o gato...
Coma ben di o artigo esta medida estaba xa na lei do 81, e neste periodo de tempo (xa mais de 25 anos) o seu uso foi marxinal, incluso na crise dos primeiros 80, e dos 90 (onde tamen baixaron as vivendas). A clausula aplicou-se sobre todo a empresa promotoras con hipoteca da promoción. Moito ollo con este tema.
Esto veiase ver, exemplo eu comprei un piso por as antigas pesetas de preto de 17 millóns, pero na misma catro edificios más lonxanos un piso das mesmas características e os mesmo metros o vendían por 35 millóns.
Que pasa ese piso estaba sobrevalorado, se ainda por riba incrementas a hipoteca para meter a compra do coche, dos mobles, etc. que tes? unha gran débeda que agora non podes pagar e os bancos venlle as orellas ao lobo e din ¿cómo recupero os meus cartos se non pagan? O coche perdeu o seu valor e o piso que lles custou 35 millóns, realmente no mercado non custa máis co meu uns 17 millóns, e como está o mercado se o pos a venda seguramente nin che den eses cartos. Polo que é normal que os bancos pidan novos avais.
Bardo-do-viño, claro que Aznar nin facía esas cacicadas, porque era o goberno de Aznar que animaba a xente a mercar pisos sobrevalorados, dicindo que era unha boa inversión pois se gañaban cartos cando se vendían, e o que pretendía era basear o crecemento económico no ladrillo ata que este estourou.
Ao igual que facía que a xente investise os seus aforros en bolsa deixando a moita xente (e a que queda xa se verá de novo como baixe a bolsa) sen un patacón, posto que a bolsa é para investir os cartos que sobran, nunca para investir os aforros.